En pleno traballo de campo de Coas nosas mans

Na lonxa de Rianxo. Foto: Rocío Barrio

Na casa de Vicente e Lucina

Na casa de Antonio e Maite
Todos os profesores deberiamos ter proxectos de campo anuais cos nosos alumnos. Nós andamos metidos na fase de gravación de Coas nosas mans, un documental multimedia para web producido para o Fórum Gastronómico de Santiago que explora as intensas relacións entre alimentación e cultura en Galicia. Os alumnos de xornalismo da USC descubren, filman, fotografían, entrevistan aos anónimos produtores da gastronomía galega en diferentes localizacións de portos do Barbanza e na montaña da Fonsagrada (Lugo), meténdose ao fondo das raiceiras da nosa cultura mariñeira e montañesa. E conversamos con peixeiras, mariñeiros, patróns maiores, capataces forestais, gandeiros, ferreiros, mariscadoras…, nunha viaxe aos fogóns esenciais da nosa cultura. No mar todo vai a ritmo acelerado. Na montaña, é o momento de sentar ao redor das cociñas e recibir a hospitalaria benvida ritual con mesas de xamón curado, café con gotas, conversa e os risos sinceros da vida no campo. E, ás veces, ocorren miragres coma este: no Mazo da Porteliña, a fragua de Vicente o Ferreiro, o tricentenario sistema hidráulico esperta excepcionalmente, os dous enormes foles cobran vida propia e a roda volve a irmandar ao home coa pura materia da que está feito, a fabricar as ferramentas coas que os labregos acariñarán a terra ata facer medrar o alimento.

Vicente o Ferreiro no Mazo da Porteliña (A Fonsagrada). Foto: Manuel Gago












“Todos os profesores deberiamos ter proxectos de campo anuais cos nosos alumnos”, porque con proxectos así e, sobre todo, con MESTRES coma este, un síntese afortunado por ter a oportunidade de realizar un traballo que, por riba, che devolve a ilusión e o esforzo depositados multiplicados por dez.
E aínda máis: recompénsate cun plus de sabedoría popular e cun bonus de realidades da vida que dan para reflexionar largo e tendido sobre mil historias. Pero, ante todo, serven para respirar profundo e pararnos a pensar sobre quen somos e que queremos facer coas nosas vidas.
E iso non se paga con nada.
Mil gracias
Adiante, e que cunda o exemplo.
A vérdade é que gracias a experiencias coma esta os alumnos encontramos a motivación… Esa motivación que como comentábamos durante a viaxe, escasea… Estou desexando ver o resultado do noso traballo… E que viva a tarta de Fonsagrada!! Un saudo
Por posteos así de intensos, vivos e cheos de amor, non me extraña que falen de ti.
Un saúdo.
Nos tempos que corren a relación dos pais cos fillos é miserable, deixa moito que desexar, unhas veces por abandono do compromiso e en moitísimas ocasións por falla de tempo. Por todo isto, que os nosos fillos teñan a grande sorte de ter como mestres persoas que van deixando un anaco deles nesa labor da aprendizaxe é impagable.
A foto de ferreiro é marabillosa…