Idiomagazine, unha revista personalizada cos teus gustos musicais

14 Xaneiro, 2008

idiomagazine.jpg

Sen dúbida, é unha aplicación interesantísima. O supercool Idiomagazine crea revistas diarias personalizadas de acordo cos teus gustos musicais. O mellor xeito de experimentalo é introducir o teu nome de usuario nalgunha web social relacionada coa música, como Last.fm, MySpace ou MyStrands. O Idio crea unha revista pequena con reportaxes, entrevistas, curiosidades sobre os artistas e os xéneros que che gustan e proponche -na liña de moitas destas webs-, novos artistas. ¿As fontes? Desde a Wikipedia ata revistas baixo licenza Creative Commons, etc. Unha gran aplicación de personalización.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>