Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

O viticólogo dos bagos, un novo blog de viño en galego

10 / January/ 2008 2 comentarios

Que pracer máis grande escribir este post! Nos comentarios dunha entrada anterior manifestouse o Viticólogo, o autor dun prometedor blog de viños en galego chamado O viticólogo dos bagos e, se non me equivoco, o único monográfico na nosa lingua sobre este tema. Por agora só hai tres entradas, pero están magníficamente escritas. Un exemplo do ben que escribe o viticólogo é este parágrafo do fermoso post Xeografías sensoriais, que recomendo ler completo:

Transitamos entre aromas e cores, vilas e paraxes, vales, ladeiras, costers, socalcos, bancais e patamares, bosques, matos de flores, sotobosques, matorrais, á sombra dos frutais, a carón das leiras colleitadas, cos cereais recen segados, ao redor das bestas, co salitre na pel pisando as follas secas, envoltos na humidade das corredoiras, na neboa da mañanciña esperando que os raios do sol interrumpan o desenrolo da cinerea, sacudindo das botas o polvo mineral do xisto fragmentado por enriba de antigos restos de caliza e granito mesturados con outros todavia máis vellos dos cumios volcánicos de Tacoronte. Nunca limpo as botas despois dunha travesia, forman parte do albúm de recordos.

E agora dígoo por puro egoísmo de lector curioso: a seguir por moito tempo! Pero se o autor é quen penso que é, sei que así o fará -xa ten costume de regularidade na escrita- e todos disfrutaremos moito.

2 comentarios »

  • Moraiminha says:

    Grazas polo descubremento. Queda anotado…

  • viticologo says:

    Que solpresa! despois de catro dias incomunicado, gracias ás obras no edificio do lado e ao servizo de reparación de R, leo a tua entrada sobre o blog e non teño palabras … se iba a ter en conta algunha opinión neste mundoblog esa era a tua. Obrigado.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.