O señor dos aneis líticos

28 Decembro, 2007

A Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes fíxose coñecida pola súa defensa do Círculo Lítico da Moureira, que estaba afectado polo paso da Autovía Transcantábrica Ferrol-Asturias. A contorna do círculo xa desapareceu polas obras, pero con este hilarante subtitulado de O Señor dos Aneis, a xente da Plataforma rise da exposición A memoria da Terra, albergada na Casa do Peso, que amosa o resultado das excavacións de urxencia levadas a cabo no círculo. Por certo, a Plataforma chama agora a atención sobre o risco que correrá outro círculo lítico do concello, o do Bidueiral, ante certas obras arredor da construción dun Parque Eólico. Un clásico, vaia.

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Gourmetdeprovincias 28 Decembro 2007 at 11:15 pm

Estupendo o video.

Por certo, o da alerta da Plataforma en ralción cunha obra máis en relación cun xacemento xa sabes que está na liña do meu método infalible para atopar un xacemento arqueolóxico nun espazo calquera que non coñezas: si sabes que pola zona hai un petroglifo, unha mamoa ou un castro pero non sabes a súa ubicación exacta só tes que buscar un punto dominante na paisaxe, situarte nel e buscar a torre de alta tensión, a pista forestas de recente construcción, os depósitos de auga, a pequena canteira, os parque eólico… velaí estará seguro o teu xacemento. Lei de Murphy arqueolóxica: si hay unha obra agresiva na zona, o xacemento está ahí. Seguro. Así que para predecir o trazado dunha autovía, liña de alta velocidade ou parque eólico só tes que trazar liñas rectas entre os xacementos que existan na zona. Acertas nun 80% dos casos.

Non teño datos para o conxunto de Galicia, pero nun traballo que fixera hai anos sobre O Barbanza, Amaía, Baixo Ulla e Terra de Santiago máis dun tercio dos xacementos estaban afectados por obras realizadas desde os anos 80, é dicir, desde que hai lexislación ó respecto. Supoño que hoxe a porcentaxe pode chegar tranquilamente ó 40%.

2 magago 29 Decembro 2007 at 7:52 pm

Créocho ben.

Continúanse cometendo tropelías tremendas. A última, a dese castro próximo a Ferrol ou o da urbanización de Foz. O Estado -todas as súas manifestacións, administración local, autonómica ou central- é o primeiro en incumprir as normas ambientais e patrimoniais que el mesmo dictou.

3 Gourmetdeprovincias 31 Decembro 2007 at 12:14 am

Buff, agora que vexo o meu comment, a miña escrita apresurada é digna dun esquizofrénico paranoide. Tentarei poñer máis atención nas vindeiras, seguro. E mirar para o teclado, que tamén axuda.

En canto ó tema, veño hoxe do petroglifo de Pena Ancha (Dumbría) e é para botarse a chorar. Desde a miña última visita, en 2002, segue sin indicación algunha, creceulle arredor un bosque de eucaliptos que non axuda precisamente á visualización dos gravados, a matogueira pasa da metade das pernas, a auga segue a correr sobre os gravados e, para colmo, algún listo que o visitou recentemente estivo a repasar os trazos cunha pedra.

E todo a 200 metros duha fábrica de carburos e a outros 200 dun parque eólico. Como para recomendarlle a visita a calquera.

Vamos, conservación e posta en valor do patrimonio pura e dura.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>