
A primeira portada de Soitu.es
Os máis vellos do ciberlugar seguro que lembran Bitniks, a revista de cibercultura que facían uns vascos a finais dos 90. Soitu.es, o novo proxecto dixital lanzado esta mediodía e encabezado por Gumersindo Lafuente -antigo director de elmundo.es-, lembroume moito a Bitniks, na sentido edición bo rollo, uso das cores, na selección de temáticas, no uso de branco en combinación con cores decididas.
A nivel editorial, Soitu non parece, por agora, propor nada novo. Os usuarios poden, basicamente, comentar noticias, subilas e gardalas (algo que fan moitas outras webs moito mellor que Soitu). E a información, en formato case arrevistado, está redactada de xeito áxil e con humor, buscando a amenidade e prestando moita atención a contidos que se sabe que funcionan: televisión, sexo, saúde ou gadgets. En plan dominical. Unha sección chamada Vida Urbana dá pílulas/pistas sobre cidades do mundo. A súa principal virtude, ao meu ver, é a boa selección de contido. De feito, eu xa me subscribín ao RSS. Pero témome que non atoparemos nada que non vexamos noutros mil blogs e webs.
Cada vez estou máis convencido de que o precisamos, de verdade, é rúa, rúa e máis rúa.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }
A todo isto, gústame moito o banner rotatorio con declaracións que está á dereita da cabeceira.
Eu, pola contra escarallei de risa co prospecto no que se explica o que é a publicación (http://www.soitu.es/soitu/html/quees.html).
Concordo en que non presenta nada novo, e o mellor problemente foi a súa campaña de promoción na Internet (aínda que se limitou moito a blogs de xornalistas).
Pois eu difiro. Creo que se alguén ten a capacidade para facer algo novo dende cero… pode estar nese equipo… é dicer, creo que hai que mirar un pouco máis aló darlle cando menos 100 días para dicer que son máis do mesmo. Iso sí, no deseño non innovan moito.
Non che digo que non, pero eu aínda non vin no que presentaron a primeira cousa orixinal ou novidosa en canto a formatos. Quero dicir, que non os vexo como eles se explican. Os contidos, como xa dixen, gústanme, pero tampouco propoñen nada novo.
Deixa un comentario