
Dos produtores do Mesón O’Pote, en Vila de Cruces, chega O Tamboril (República Arxentina, 5; 981 565 485), unha nova arrocería en Santiago de Compostela. O Tamboril convértese así no terceiro restaurante especializado en arroces da cidade, tras o Mediterráneo e A Curtidoría, ocupando o antigo local no que estaba o palestino Bet Falastín. Cunha decente carta de viños e unha carta composta por entrantes, arroces -que se sirven, como mínimo para dúas persoas- peixes e carnes, os propietarios repiten a fórmula que tanto éxito lles está a dar no Pote. Sabores e platos recoñecíbeis con puntos e ingredientes algo diferentes, racións xenerosas e prezos contidos. Iso si, permítense un maior grao de innovación: nos entrantes destacan a súa falsa tortilla, as perdices con verdura caramelizada ou os seus xa coñecidos chipiróns á feira. De segundo, probamos un potentísimo risoto de setas silvestres e moellas de tenreira que erguería a un morto, feito no xugo de carne, e que estaba excepcional. Isto é importante: non te imaxines os arroces máis ou menos lixeiros que se fan no Mediterráneo da Avenida de Ferrol. Estes do Tamboril son arroces máis ben atlánticos…mindonienses, case diría, en todos os seus aspectos. Sobre 30 euros.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 9 comments… Le abaixo ou engade o teu }
meu deus! creo que escolliches un mal día para descricións gastronómicas… Pero, bueno, que vou dicir eu despois dun pantagruélico xantar de nadal, deses que consisten nas sobras dunha máis pantagruélica aínda (se cabe) cea de noiteboa.
Non obstante seguro que un arroz aínda cabe… ; )
Vémonos en xaneiro
Non deixa de ser curioso o feito de que este pasado verán entereime da apertura deste local por terceiras persoas. O meu amigo Xosé Luis non me dixo nada, coido que acababan de abrir e a sabendas de que os arroces son a minha especialidade non quixo padecer da minha crítica, Non llo perdoo..
Permanece pechado éste restaurante todos os domingos durante a época invernal??… se é así, cando hai a posibilidade de que abra durante as xornadas dominicais??… e coma no hai dúas sen tres, cales son os seus horarios de atención ó publico?.
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
Herr Graf, o mellor é que lles preguntes a eles. Tes o teléfono no post.
Tamén ten vostede razón… o que acontece é que a aristocrácia gosta sempre encargar o traballlo pesado ó seu servizo doméstico ou a quen corresponda, pra evitar deste xeito esforzos innecesários que poidan poñer en perigo o estado de perenne laxitude que gozan os seus membros dende séculos… de tódolos xeitos Danke Schön polo seu interesantísimo comentário gastronómico encol do devandito restaurante con reminiscencias xermánicas, mesmo que non sexa de folla de lata…
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
Eu recomendo o tamboril, esos arroces son deliciosos!sobre todo eses melosos que lle chaman eles. O pote tamén é un bo sitio para comer en VIla de Cruces. Un saúdo
non creo que sexan para tanto, xa os teño probado moito mellores no Mediterraneo.
o mesmo nome do restaurante quita as ganas de aparecer por el.
Qué gran osadía por vuestra parte comparar los arroces, insípidos, rancios y mal condimentados del Mediterráneo con el buen hacer y la sinfonía de sabores con que se nos deleita en el tamboril.
Lo de La Curtidoría es otra historia; que nadie va a negar la originalidad, el acierto, ni lo bueno que sus arroces contienen. Les animo pués a que se pasen por allí y prueben las recetas que Cristóbal Rey (actual culpable de los arroces delTamboril) dejó bién ancladas en dicho local (nada ha cambiado en ellas); y tras ésto se reserven una mesa en el tamboril, para comprobar así de primerísima mano la evolución de dicho personaje, sin duda uno de los pròximos triunfadores de nuestra ciudad.
Deixa un comentario