Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

O inverno baixa polo río Tambre

24 / Decembro/ 2007 4 comentarios

noia_1.jpg De viños na Tasca Típica, en Noia. Fotos: Sole

Os domingos pola mañá o casco vello de Noia vive un motín vexetal: as verduras de Lousame, da Serra de Outes, os queixos con uvas pasas. As vellas rañan nas codias de pan discretos anacos cos que resistiren as longas horas de venda nas rúas estreitas. Aínda que nas tres últimas décadas nos cargamos boa parte do encanto da vila, algunhas rúas seguen a ser bulideiras arterias de vida, nas que cheira a cocido e empanada. A min gústanme as casas de finais do XIX do cantón, coas súas orlas pétreas, e os pazos de soportais góticos. Nun deles, na Tasca Típica, honramos a memoria de Avilés de Taramancos. A esta vila -sábese- aínda lle falta unha atractiva novela por ser escrita. Na soleada mañá, especulamos sentados algúns dos posíbeis argumentos: barcos, mar, montaña.

Así se pasa unha tarde de domingo, remontando o río Tambre desde a súa embocadura, nun dos máis ensoñadores esteiros galegos. O Tambre foi unha das primeiras fronteiras interiores galegas que aínda hoxe podemos recoñecer. O xeógrafo romano Plinio o Vello fala de dous pobos, os Celtas Supertamáricos e os Celtas Praestamaricos, divididos por esta ancha fronteira natural que era o Támara -o nome do río hai dous mil anos- na costa galega. Algúns castros, dunha ou doutra beira do río, camuflados nos espesos bosques, parecen vixiarxe, pero as súas diferencias -se chegaron ser diferencias de relevancia-, son hoxe indistinguíbeis: na Galicia castrexa, aos imaxinarios e ás identidades cómeos o tempo. Só nalgúns sitios parece conservarse a memoria de antigos enfrontamentos entre acrópoles, e con certeza deben ser recreacións posteriores, coas que a nosa tradición cultural humaniza e explica un territorio inzado de pasados non demasiado claros. Tras pasar a dourada Ponte Nafonso -por ela entra o solpor rebotando nas ladeiras boscosas,e por ela volve a subir o salmón e a lamprea-, o río segue ata Negreira por canóns escarpados, devesas e vales illados. A enorme lúa chea sobre os montes queimados marca o camiño de volta.

noia_2.jpg
Urbanización de vivos e mortos en Santa María a Nova

noia_3.jpg
A impresionante e inqueda fachada de San Martiño

noia_4.jpg

noia_5.jpg

noia_6.jpg
«Ponting» na ponte nova

noia_7.jpg

noia_8.jpg

4 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.