Proxecto Dous Miles (4): primeiro intento a Pena Trevinca

trevinca.jpg
O macizo de Pena Trevinca. Foto: Sole

A fin de semana pasada tentamos subir a Pena Trevinca. O primeiro e verdadeiro Dous Mil de Galicia, 2127 metros. Arreo que o é. A media subida, as condicións metereolóxicas complicáronse, ata convertirse nun inferno xeado aos dous mil metros. Subindo polo cordal, a néboa foise pechando, pechando. Tras catro horas e media de marcha, a mediodía decidimos dar volta prudente ata Vilanova, a base da nosa subida na Veiga. Faltaría aproximadamente media hora para acadar o cumio, pero a cousa estaba seria. Pena Trevinca segue invito para o Proxecto Dous Miles. Aquí se poden ver as nosas desgrazas.

Notas técnicas: Para gravar o vídeo empreguei a miña Panasonic de 3CCD. Cando as cousas se puxeron chungas a nivel metereolóxico, decidín prescindir dela e tirar co Nokia n95 con moi bós resultados. Outra cousa: é o primeiro vídeo que subo a Vimeo, pero me encanta o sistema. Permite descargas de gran calidade do que subes, visionado a pantalla completa…

8 Comments

  1. 17 / Decembro/ 2007

    Que bo!!! Parabéns.

  2. 17 / Decembro/ 2007

    Buscando informacion sobre New Order cai en este blog con el video de crystal *-*
    Una de mis canciones favoritas, sin duda ^^ No me canso de escucharla…*-* wah!

    Pero no se de que año es el disco que contiene la cancion o,o Pone que 2001, pero en e videoclip salen muy jovenes, no? :S y son mas viejos, creo! XD Porque el que canta es mas viejo que como sale en el videoclip, no? XD Me encanta su musica pero apenas sabia de sus componentes *dies* -_-

    Busque y el cantante es Bernard Sumner, pero es el del videoclip? O.o porque se supone que Bernard tiene 50 años o_ô”’’
    vaya lio….xdddd

    besos

  3. 18 / Decembro/ 2007

    Interesante documento. Ollando o video, non quero pensar na aventura dun oito mil…
    No pouco tempo que sigo as túas pisadas deime conta dese grande amor que rezumas pola terra.
    Unha aperta.

  4. 18 / Decembro/ 2007

    elena, pues la verdad es que ahora mismo ni idea!

  5. 18 / Decembro/ 2007

    Grazas, Paco. Desde que lin de rapaz o Da medida das cousas de Vicente Risco fiquei impactado e impresionado. O outro día, nunha aldea, mergullándome en diálogos en capas e capas de tempo, lembreime de novo dese mítico texto e por fin comprendino. Reprodúzoo aquí para quen non o coñeza.

    “Ti dis: Galicia é ben pequena.

    Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. ¿Non din os filósofos que o home é o “microcosmos”, o compendio, o resume do universo todo? Para canto máis unha Terra con tódolos homes que nela viven.

    Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concebir nada grande.”

  6. 3 / Setembro/ 2008

    Acabo de descubrir este fermoso proxecto dousmiles e a envexa pápame os adentros. Apuntarei ben os roteiros para tentar algunha subida (se non todas). Parabéns.

  7. 3 / Setembro/ 2008

    Grazas, Rubén, xa sabes, aquí tes material a eito. Agora en setembro comeza outra vez a tempada de Dous Miles.

  8. Xesús Fraga
    3 / Setembro/ 2008

    A min tamén me gustaría superar algún día esa barreira de altitude… se o tempo (non o clima) mo permiten…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará