Impresionante experimento narrativo multimedia: The Whale Hunt

12 / December/ 2007

in Diario, Tendencias en deseño

baleas_1.jpg

baleas_2.jpg

baleas_3.jpg

[lang_gl]Jonathan Harris, ese crack da creatividade web que inventara aquel marabilloso We Feel Fine do que xa falamos por aquí, acaba de publicar algo fantástico: The Whale Hunt. Como xa fixera Flaherty no seu momento, ao inaugurar con Nanuk o esquimal o cinema documental en 1922, Harris consegue crear un novo xénero narrativo e documental que xa se escapa das nosas concepcións. Porque The Whale Hunt é unha interfaz plástica a unha colección de máis de 3.000 fotografías que van narrando a caza tradicional da balea polos inuit de Alaska. Cada fotografía está clasificada por temas, por protagonistas, por contextos e pola cadencia do ritmo do acción que conta. E o usuario filtra a historia segundo os seus intereses, premendo na balea superior. O máis fascinante é que ese documental -aparentemente unha secuencia cronolóxica que narra a viaxe de Harris a Alaska e a captura da balea-, así filtrado e desbrozado por categorías, como un banco de datos, segue a ter un sentido tralas alteracións na liña do tempo convencional feita polos usuarios. Unha auténtica pasada. [/lang_gl]

[lang_es]Jonathan Harris, ese crack de la creatividad web que había inventado aquel maravilloso We Feel Fine del que ya hablamos por aquí, acaba de publicar algo fantástico: The Whale Hunt. Como ya había hecho Flaherty en su momento, al inaugurar con Nanuk el esquimal el cine documental en 1922, Harris consigue crear un nuevo género narrativo y documental que ya se escapa de nuestras concepciones. Porque The Whale Hunt es una interfaz plástica la una colección de más de 3.000 fotografías que van narrando la caza tradicional de ballena por los inuit de Alaska. Cada fotografía está clasificada por temas, por protagonistas, por contextos y por la cadencia del ritmo del acción que cuenta. Y el usuario filtra la historia segundo sus intereses, apretando en la ballena superior. El más fascinante es que ese documental -aparentemente una secuencia cronológica que narra el viaje de Harris a Alaska y la captura de la ballena-, así filtrado y desbrozado por categorías, como un banco de datos, segue a tener un sentido tralas alteraciones en la línea del tiempo convencional hecha por los usuarios. Una auténtica pasada.[/lang_es]

{ 2 comments… read them below or add one }

Suso Rubio 12 / December/ 2007 at 2:54 am

Un deseño marabilloso, sempre me lio algo cos flash pero este é moi navegable tanto que un síntese un moderno capitán Ajab obsesionado con esta particular Moby Dick. Non sei se é por esta visita pero desexo con especial intensidade unhas vacacións no xeo e na neve.

magago 12 / December/ 2007 at 8:51 pm

Efectivamente, Suso, Jonathan Harris con 28 anos é un auténtico mestre das interfaces intuitivas. Moitas das solucións de navegación de The Whale Hunt proceden de cousas que desenvolvera nos seus traballos previos, e que refinou para aquí.

Este rapaz vai dar moitísimo que falar.

Deixa un comentario

Previous post: [lang_gl]O marketing viral de soitu.es[/lang_gl][lang_es]El marketing viral de soitu.es[/lang_es]

Next post: [lang_gl]Soledad Felloza, gañadora do II Concurso Mujer Todas 2007[/lang_gl][lang_es]Soledad Felloza, ganadora del II Concurso Mujer Todas 2007[/lang_es]