[lang_gl]Descubrimentos nos novos Ribeiros[/lang_gl][lang_es]Descubrimientos en los nuevos Ribeiros[/lang_es]

Last updated on 5 / Decembro/ 2007

presentacion_ribeiro.jpg
[lang_gl]Presentación de viños da Denominación de Orixe Ribeiro no Convento de San Francisco de Santiago de Compostela

O Ribeiro é a auténtica petrucia das denominacións galegas. A falta de que alguén escriba a súa longa historia vinícola en detalle, hoxe o Ribeiro busca converterse nun produto de alta calidade, tras décadas de sombra, de granel e produción masiva e indiscriminada. Quédanlle pasos, sen dúbida. Para comezar, a renovación da anticuada imaxe corporativa da Denominación, que xa comeza a ser urxente. E unha certa exploración de novas posibilidades e expresións deses viñedos centenarios, mesmo milenarios.

Por sorte, aínda parece existir a sensación de que está todo por facer. ¿Que pode dar de si o tinto sousón ou brancellao? ¿Que novos matices ofrecerá a treixadura? Estiven na presentación oficial de Viños do Ribeiro que organizou a Denominación en Santiago de Compostela. Aínda que non tiven moito tempo, dinme un paseo para probar cousas novas. Moi brevemente, anoto os tres viños que me resultaron interesantes dentro dun panorama xeral algo conservador:

Cuñas Davia 2006. Este viño producido polas adegas Valdavia, en Cenlle, é un coupage de treixadura (70%) e albariño (20%), con pequenas achegas de loureiro, lado e torrontés. Son producións moi limitadas: o Cuñas Davia, que eu probei, chega de máximo ás 12.000 botellas. É un viño moi equilibrado, xeneroso en boca e moi persistente. Para ter en conta. Quedáronme gañas de probar o seu Cuñas Davia Barrica, pero coas présas non tiven tempo a pararme.

Viño das Encostas de Xistos 2006. A nova produción da Adega Gomariz, unha das máis dinámicas e aventureiras no Ribeiro actual. Trátase dun viño, a ver como o digo, dun viño frikísimo. Coma o seu propio nome indica, está feito nunha pedrugallenta encosta de xisto e -creo lembrar- é un monovarietal de albariño. Pero nada que ver cos albariños que teñades tomado, case nada que ver cun branco galego. Moi poucos matices na fase olfativa, pero un estraño, profundo sabor mineral e salino, derivado do durísimo terreo no que medran estas cepas. Para que logo digan os americanos que o terroir non inflúe. O falador xerente, Ricardo Carreiro, comentounos que esta primeira anada das Encostas sae con 3.000 botellas. A min gustoume moito, pero -agardemos que me trabuque- non ha de ter doado encaixe comercial.

Terra Minei 2006. O mellor dos que catei na sesión, con clara diferencia. Un monovarietal de treixadura, que reivindica as potencialidades sedosas e untuosas desta variedade que poucas veces os colleiteiros se atreven a cultivar soa. É un viño longo, de intensos aromas, un padal de froitas brancas e cun corpo amplio que o fai axeitado tanto para actos sociais como para comidas de peso. Prestádelle atención, porque dará moito que falar.[/lang_gl]

[lang_es]Presentación de vinos de la Denominación de Origen Ribeiro en el Convento de San Francisco de Santiago de Compostela

O Ribeiro es la auténtica patriarca de las denominaciones gallegas. A falta de que alguien escriba su larga historia vinícola en detalle, hoy el Ribeiro busca convertirse en un producto de alta calidad, tras décadas de sombra, de granel y producción masiva e indiscriminada. Le quedan pasos, sin duda. Para comenzar, la renovación de la anticuada imagen corporativa de la Denominación, que ya comienza a ser urgente. Y una cierta exploración de nuevas posibilidades y expresiones de esos viñedos centenarios, incluso milenarios.

Por suerte, aun parece existir la sensación de que está todo por hacer. ¿Que pode dar de sí el tinto sousón o el brancellao? ¿Qué nuevos matices ofrecerá la treixadura? Estuve en la presentación oficial de Vinos del Ribeiro que organizó la Denominación en Santiago de Compostela. Aunque no tuve mucho tiempo, me di un paseo para probar cosas nuevas. Muy brevemente, anoto los tres vinos que me resultaron interesantes dentro de un panorama general algo conservador:

Cuñas Davia 2006. Este vino producido por las bodegas Valdavia, en Cenlle, es un coupage de treixadura (70%) y albariño (20%), con pequeñas aportaciones de laurel, lado y torrontés. Son producciones muy limitadas: el Cuñas Davia, que yo probé, llega de máximo a las 12.000 botellas. Es un vino muy equilibrado, generoso en boca y muy persistente. Para tener en cuenta. Me quedaron ganas de probar su Cuñas Davia Barrica, pero con las prisas no tuve tiempo a pararme.

Viño das Encostas de Xistos 2006. La nueva producción de la Adega Gomariz, una de las más dinámicas y aventureras en el Ribeiro actual. Se trata de un vino, a ver cómo lo digo, de un vino frikísimo. Como su propio nombre indica, está hecho en una pedregosa ladera de xisto y -creo recordar- es un monovarietal de albariño. Pero nada que ver con los albariños que hayáis tomado, casi nada que ver con un blanco gallego. Muy pocos matices en la fase olfativa, pero un extraño, profundo sabor mineral y salino, derivado del durísimo terreno en el que crecen estas cepas. Para que luego digan los americanos que el terroir no influye. El hablador gerente, Ricardo Carreiro, nos comentó que esta primera añada de las Encostas sale con 3.000 botellas. A mí me gustó mucho, pero -esperemos que me confunda- no ha de tener fácil encaje comercial.

Terra Minei 2006. El mejor de los que caté en la sesión, con clara diferencia. Un monovarietal de treixadura, que reivindica las potencialidades sedosas y untuosas de esta variedad que pocas veces los cosecheros se atreven a cultivar sola. Es un vino largo, de intensos aromas, un paladar de frutas blancas y con un cuerpo amplio que lo hace adecuado tanto para actos sociales como para comidas de peso. Prestadle atención, porque dará mucho que hablar. [/lang_es]

5 Comments

  1. 4 / Decembro/ 2007

    Eu estiven alí para traballar, así que so puiden catar un par de viños ao final do acto. Como a cousa non ía dar para máis achegueime á mesa que tiña máis preto e con menos público e pedín un viño. Sorprendeume enormemente a potencia do seu aroma e a persistencia do mesmo. E non menos me sorprendeu en boca, onde descubrín un interesnte xogo entre a acidez inicial do viño cunha posterior suavización desa sensación, que me pareceu debida ao seu alto contido glicérico. Collín a botella para mirar de que se trataba: Terra Minei 2006. Non sei se era o mellor da mostra, xa que so probei dous, pero concordo contigo en que se trata dun viño espléndido e con gran futuro.
    Despois probei o Sameiráns, ao que Parker deu 91 puntos. Estupendo en boca, pero en nariz nada que ver co anterior.

  2. 4 / Decembro/ 2007

    Non vira o Sameiráns nas mesas -haberá que buscalo.

    Outro que non estivo mal foi o Summun, a gama alta da adega Rey Lafuente. Na liña dos Cuñas Davia, Viña Mein, Coto de Gomariz… aínda que sen tanta opulencia como estes dous últimos.

  3. 5 / Decembro/ 2007

    Unha dúbida: sixto non tiña que ser xisto ?.
    Pola composición o Cuñas Davia semella o viño do meu sogro en Arbo.

  4. 5 / Decembro/ 2007

    Certo! Xa está modificado. Moitas grazas!

  5. 18 / Decembro/ 2007

    Quedaríame pena de que non probases o noso Cuñas Davia Barrica. Fai o favor de mandarme o teu enderezo e envíoche unha mostra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará