Calzadas seculares e petroglifos no sendeiro de San Xurxo de Sacos

2 Decembro, 2007

01122007110.jpg
Nas corredoiras de San Xurxo de Sacos (Cotobade).

Hai algo dramático, ruidoso e brusco na finalización do outono. Se a finais de outubro, os dourados dulcifican as cores das árbores e os solpores pousan o sol con suavidade, a invernía que entra xa en decembro provoca un último esforzo na natureza no que non hai concesións nin matices cromáticos. As últimas follas caen a un manto espeso vexetal que xa é podremia e humus. E as humidades non dan despegado do chan. A natureza é coma un animal cabreado, que xa non sabe en que dirección tirar. Esta explosión de carraxe antes do adormecemento do inverno vivímola facendo o sendeiro de San Xurxo de Sacos, en Cotobade (Pontevedra). É o PR G-29, rondando o canón do río Lérez. Non quero estenderme moito neste fermoso e completo paseo de natureza, auga, petroglifos e fontes, a través de longas calzadas inmemoriais que a maleza vai devorado. Mellor che quedan as imaxes. Fotos de Sole e Manolo.

DSC_0064.jpg

DSC_0072.jpg

DSC_0085.jpg

DSC_0089.jpg

DSC_0174.jpg
Dúas patas de elefante arbóreo

DSC_0131.jpg
O elegantísimo petroglifo da Laxe dos Cervos.

DSC_0148.jpg
Zona superior da importante Laxe das Ferraduras, onde o artista fixo algo fascinante: gravou na pedra as pegadas dun rastro de cervos. Na zona sur do petroglifo hai unha escena de caza e tres ídolos cilíndricos.

{ 7 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 xmanoel 2 Decembro 2007 at 2:54 pm

Impresionantes as fotos. Teñome que propoñer dunha vez comenzar a andar polo monte.

2 O'Padín 2 Decembro 2007 at 6:32 pm

Grazas polo teu comentario. Precisamente, o meu primeiro traballo como arqueólogo foi desbrozar o entorno dos petroglifos de Sacos. Moitas horas pasei en Fentáns e en Cernadelo, cando aínda o Lérez corría inconsciente dos seis encoros cos que o querían encadear.

3 magago 2 Decembro 2007 at 7:32 pm

Non sei se pasaches por alí, pero tiñas que ver como lle afectaron os lumes pasados ao petroglifo máis notábel do Coto do Rapadoiro. Aínda que creo que estiveron pegando algunhas das lascas desprendidas, outras partes da pedra parecen desfacerse. Unha mágoa.

4 p galovart 5 Xaneiro 2008 at 1:59 am

he usado algunas de tus muy buenas fotos para hacer una entrada en mi blogg, sobre arqueologia y paisaje
un saludo

5 p galovart 6 Xaneiro 2008 at 4:06 am

un antropomorfo , en mi opinión, no debe ser llamado “ídolo”;
……….. debería ser la representación de una roca antropomorfa genérica.

6 magago 6 Xaneiro 2008 at 7:33 pm

Galovart, grazas polo das fotos.

Sobre o tema do antropomorfo, non é a única que hai en todo o recinto. Pero alúdese á condición de ídolo porque presenta determinados atributos que fan chamativo un certo carácter sacral que o diferencian das outras figuras, equipadas con armas.

En todo caso, como podes observar no post, eu mesmo refírome a que se trata dunha definición máis literaria que científica.

7 Jorge Cubela 8 Decembro 2008 at 2:57 am

Emocioneime moito ao ver estas fotos da miña aldea.

Moitas gracias por dar a coñecer a paisaxe desta gran terra.

Unha aperta.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>