[lang_gl]Eu teño que dicir que, na blogosfera, un dos momentos máis divertidos do ano é o da publicación da nova Guía Michelín. Nun mundo tan pequeno como o da gastronomía, a Michelín ocupa o lugar do fútbol ou da política noutros sectores: todo o mundo pode opinar, e sempre hai quen gaña ou quen perde, quen se indigna, alporiza ou felicita, ou o ve como un combate, desafío nacional ou algo así. E, coma no fútbol, toda esa indignación ou ledicia manifesta non vai repercutir para nada na nosa vida cotiá. Todo o máis, nos petos dos cociñeiros afortunados e nos editores dos libracos.
Cheguei ás guías despois de descubrir, case ao mesmo tempo, a gastronomía e a blogosfera, así que as miro coa distancia do que nunca me proporcionou grandes descubrimentos hoteleiros que non soubera antes a través da rede. E foi grazas á contestación que teñen na blogosfera que me comecei a interesar por estes produtos editoriais, xa que tendo por defecto a sospeitar dos consensos colectivos -os consensos a favor e e en contra, e na blogosfera hai un gran consenso en contra. Gustáronme as guías esas. Sobre todo, parécenme prácticas e feitas cunha tecnoloxía interesante: non precisas nin rede eléctrica nin Internet para acceder ao contido básico
. O outro dato fundamental -e supoño que son a clave do seu éxito-, é que nunca me teñen fallado nos restaurantes que comentan, e me teñen guiado en inexplorados territorios peninsulares.
Hai quen pretende ver ás Guías como termómetros da cociña ou algo así. É darlle relevancia en exceso a unha selección que é tan privada como calquera outra, na súa esencia. Son produtos deseñados para persoas que non se queren complicar a vida pero vivila ben. E levan cumprindo esa función décadas. Se cadra sexan como Miss España: un sempre sabe que será morena, alta, de ollos grandes, cara redonda e esteticamente aceptable para calquera sogra de mediana idade. Non lles pidas excentricidades. Detrás, no xurado, nalgún lugar da costa levantina, hai moitos señorones de sesuda garabata que intentan outorgarlle seriedade excesiva a algo que non o ten. Coas guías gastronómicas pasa o mesmo. Na Campsa, ou na Michelín, son xente de paso lento, pouco risco, e algunha excentricidade.
Se un as mira en corto (caso de Galicia), as dúbidas que poida haber acláranse. En xeral, os lugares de xantar que propoñen estas guías son excelentes restaurantes, aínda que hai excepcións. Por suposto, ocorreríanseme moitos máis que eu coloco ao carón deses, ou por riba: ben por gusto persoal, ben por coñecemento extremo do campo e porque eu busco restaurantes desde unha óptica local, no que ás veces as pequenas variacións son moi importantes e outorgan a identidade a un lugar. En longo, é dicir, de escapada por España, teño disfrutado de boas recomendacións dadas pola Michelín, pola Campsa ou pola Gourmetour, e seguro que pasei diante de restaurantes fantásticos que esas viles guías desprezaron. Outras veces, a blogosfera tenme ofrecido resultados mediocres. Lembro o consensuadísimo El Bohío, que non me pareceu para tanto, ou un par de nefastas experiencias en Italia este verán, que viñan de blogueiros españois de sona, que podo contrapoñer aos excelentes consellos no país latino da guía de El País Aguilar. Así que de todo hai nesta viña.
Dirán: escápolle ás consecuencias económicas e á sona internacional da cociña. Non, ho!. Creo que en Galicia saímos bastante ben parados. En España as cousas non foron demasiado ben, pero se cadra os da Michelín teñan razón cando afirman que moitas grandes cociñas do Estado son irregulares (cousa que eu teño constatado) e ao mellor hai que viaxar un pouco máis, ver máis mundo e poñer no seu sitio as cousas. Disculpen a miña pouca implicación coa defensa da Causa. Teño unha mirada desde a brétema periférica.
Non quero rematar este longo post sen lembrar o que me dixo hoxe un afamado cociñeiro galego que está na Guía Michelín, pero na categoría mención de honra, ou sexa, na lista de Bib-Gourmands.
-Uf. Menos mal que non ma deron.
Dicíao moi en serio, suspirando. O pobre onte estaba asustado con que lle cambiaran a vida, e que a condenada estrela lle obrigase a adoptar maneiras, servizos e obrigas que o distanciasen da súa intimista sala de cinco mesas e a súa persoal cociña que é todo un fío de versos aos lares familiares e á creación individual. Encantoume esa disposición, nin rebelde nin ansiosa. O sinal de que afortunadamente, aínda hai espazo para trazar os itinerarios persoais de gastronomía, de vida, neste mundo que as descalifica pero agarda con ansia cada nova edición.[/lang_gl]
[lang_es]
Yo tengo que decir que, en la blogosfera, uno de los momentos más divertidos del año es el de la publicación de la nueva Guía Michelín. En un mundo tan pequeño cómo el de la gastronomía, la Michelín ocupa el lugar del fútbol o de la política en otros sectores: todo el mundo puede opinar, y siempre hay quien gana o quien pierde, quien se indigna, enfada o felicita, o lo ve como un combate, desafío nacional o algo así. Y, como en el fútbol, toda esa indignación o alegría manifiesta no va a repercutir para nada en nuestra vida cotidiana. Todo lo más, en los bolsillos de los cocineros afortunados y en los editores de los libracos.
Llegué a las guías después de descubrir, casi al mismo tiempo, la gastronomía y la blogosfera, así que las miro con la distancia de lo que nunca me proporcionó grandes descubrimientos hoteleiros que no había sabido antes a través de la Red. Y fue gracias a la contestación que tienen en la blogosfera que me comencé a interesar por estos productos editoriales, ya que tiendo por defecto a sospechar de los consensos colectivos -los consensos a favor y y en contra, y en la blogosfera hay un gran consenso en contra. Me gustaron las guías esas. Sobre todo, me parecen prácticas y hechas con una tecnología interesante: no necesitas ni red eléctrica ni Internet para acceder al contenido básico
. El otro dato fundamental -y supongo que son la clave de su éxito-, es que nunca me han fallado en los restaurantes que comentan, y me han guiado en inexplorados territorios peninsulares.
Hay quien pretende ver a las Guías como termómetros de la cocina o algo así. Es darle relevancia en exceso a una selección que es tan personal cómo cualquier otra, en su esencia. Son productos diseñados para personas que no se quieren complicar la vida pero vivirla bien. Y llevan cumpliendo esa función décadas. A lo mejor son cómo Miss España: uno siempre sabe que será morena, alta, de ojos grandes, cara redonda y estéticamente aceptable para cualquier suegra de mediana edad. No les pidas excentricidades. Detrás, en el jurado, en algún lugar de la costa levantina, hay muchos señorones de sesuda corbata que intentan otorgarle seriedad excesiva a algo que no lo tiene. Con las guías gastronómicas pasa lo mismo. En la Campsa, o en la Michelín, son gente de paso lento, poco riesgo, y alguna excentricidad.
Si uno las mira en corto (caso de Galicia), las dudas que pueda haber se aclaran. En general, los lugares de comer que proponen estas guías son excelentes restaurantes, aunque hay excepciones. Por supuesto, se me ocurrirían muchos más que yo coloco al lado de los reseñados, o por encima: bien por gusto personal, bien por conocimiento extremo del campo y porque yo busco restaurantes desde una óptica local, en la que a veces las pequeñas variaciones son muy importantes y otorgan la identidad a un lugar. En largo, es decir, de escapada por España, tengo disfrutado de buenas recomendaciones dadas por la Michelín, por la Campsa o por la Gourmetour, y seguro que pasé delante de restaurantes fantásticos que esas viles guías despreciaron. Otras veces, la blogosfera me ha ofrecido resultados mediocres. Recuerdo el consensuadísimo El Bohío, que no me pareció para tanto, o un par de nefastas experiencias en Italia este verano, que venían de blogueros españoles de fama, que puedo contraponer a los excelentes consejos en el país latino de la guía de El País Aguilar. Así que de todo hay en esta viña.
Dirán: le escapo a las consecuencias económicas y a la fama internacional de la cocina. Qué va!. Creo que en Galicia salimos bastante bien parados. En España las cosas no fueron demasiado bien, pero a lo mejor los de la Michelín tengan razón cuando afirman que muchas grandes cocinas del Estado son irregulares (cosa que yo he constatado) y a lo mejor hay que viajar un poco más, ver más mundo y poner en su sitio las cosas. Disculpen mi poca implicación con la defensa de la Causa. Tengo una mirada desde la niebla periférica.
No quiero rematar este largo post sin recordar lo que me dijo hoy un afamado cocinero gallego que está en la Guía Michelín, pero en la categoría mención de honor, o sea, en la lista de Bib-Gourmands .
-Uf. Menos mal que no me la dieron.
Lo decía muy en serio, suspirando. El pobre ayer estaba asustado con que le habían cambiado la vida, y que la condenada estrella le obligara a adoptar maneras, servicios y deberes que lo distanciaran de su intimista sala de cinco mesas y su personal cocina que es todo un hilo de versos a los hogares familiares y a la creación individual. Me encantó esa disposición, ni rebelde ni ansiosa. La señal de que afortunadamente, aun hay espacio para trazar los itinerarios personales de gastronomía, de vida, en este mundo que las descalifica pero espera con ansia cada nueva edición. [/lang_es]


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 8 comments… read them below or add one }
Concordo contigo en todo o dito. Tomamos as guías e os premios como se foran unha oposición á Xunta, cando son unha selección privada feita por un grupo de xentes con gustos persoais, intereses propios, amigos, rivais, enemigos… intereses todos eles que se ven reflectidos nos publicado. Pedimos obxectividade (que palabra máis valeira que nos fala de algo inexistente sobre a Terra), ecuanimidade, xustiza… Os que elaboran as guías fan o que lles peta, o mesmo que faríamos nos no seu lugar.
O único que non comparto é a opinión do cociñeiro do último párrafo. Levo días falando con moitos deles e os que teñen estrela na Michelín alegranse de mantela, os novos están felices de estreala e os que a agardaban e non a recibiron… se son sinceros recoñecen a decepción, e cando falan coa boca pequena… pois din que “Estan verdes”, como a raposa
Estou de acordo contigo, Miguel. Pero o caso do cociñeiro aliviado é tan atípico que por iso o contei: traballou durante moitos anos en restaurantes “michelinizados” de prestixio, e era ben consciente de alto nivel de stress que supón.Cando puido montar o seu negocio, fíxoo doutro xeito, gaña un bo diñeiro pero ten unha gran calidade de vida. Supoño que son opcións.
De todos os xeitos, o 95% dos cociñeiros que din que non lle importan as guías seguramente posturean. A todos nos importa que xulguen o noso traballo e eles non son menos (repercusións económicas a parte).
Estou básicamente de acordo. Agora ben, eun penso que determinadas guías, moi especialmente a Michelin, teñen un nome e un prestixio, máis alá do sector profesional ou aficionado á gastronomía, polo que o usuario común lle confire unha credibilidade que, eu, nestes momentos cuestionaría.
É dicir, cando un turista compra a Michelin ou calquera outra guía o fai para informarse sobre un tema no que él non se move con soltura e, claro, á marxe das lóxicas opinións particulares de cada crítico, un esperaría un mínimo de consenso. Os críticos futbolísticos, por poñer un exemplo, poden discrepar en casi todo, pero todos concordarían en que tanto Real Madrid como Barcelona son grandes equipos. O problema das guías gastronómicas é que son tan heteroxeneas que para unhas o Madrid e mediocre a para outras o Barça un desastre.
Un caso práctico: para a Michelín o máis detacable en Santiago, con moito, son Marcelo e Toñi. Para a Gourmetour Toñi ten un dos mellores restaurantes do estado e Marcelo está ben, pero moito menos, mentres por detrás se situarían Ana e La Tacita d’Juan. Por debaixo destes Mercadito, Araguaney (á marxe dos cambios, polo visto) e El Pasaje.
Para a Guía Campsa Toñi Vicente está ben pero non é para tanto e o outro sitio recomendable da cidade é Ana. Marcelo nin aparece nin, por suposto, os outros.
Para Lo Mejor de la Gastronomía no hay restaurantes de interés en Santiago. Poderíamos seguir coa guia El Pais-Aguilar, coa Comer en Carretera…
Unha certa discrepancia é positiva. Que cada un ascenda ós altares a uns e nin mencione a outros, en función de criterios que se nos escapan, só crea confusión.
Veamos, si y no a todos y a todo lo que contais.
Las guias no son ni buenas, ni malas. Pero yo no me dejo aconsejar por ellas. A mi si me han fallado alguna vez.
Tampoco mienten, aunque es muy probable que haya intereses ocultos y sobre todo, lo que siempre me he preguntado
¿por que no se hacen públicas las puntuaciones de los miembros de las guías, donde nos digan, porque méritos, un restaurante sube o baja de categoría?
¿que platos han degustado, que puntuaron a la alza?
¿y cuales han puntuado a la baja?
¿quien firma cada crítica, cuando, donde?
Con todos estos datos, serían para mí mas fiábles las guías, pero para gente, ajena al mundillo gastronómico, son una fuente de información fácil de conseguir.
Por otro lado, el recibir un premio, nos alaga en principio a todos, a todos nos gusta que nos reconozcan que las cosas las hacemos bien, que vamos mejorando
No es orgullo ni pedantería, pero me alegré mucho cuando la alumna Isabel Portela, alumna mía, obtuvo el laurel de oro.¿presunción?
No, no lo creo. Sólo la satisfacción de saber que al menos, tan mal no lo hemos hecho.
En restauradores, es lo mismo. A todos les gusta que se les reconozca, otra cosa, es la responsabilidad en la que incurren, para seguir después manteniendo, esa ¿estrella, sol…?
Yo, personalmente, conozco a un gran cocinero gallego, de fama y pretigio, que a él al menos en apariencia, no le interesa ningún reconocimiento.¿será cierto?
El así lo confirma. Hay gente para todos los gusto.
Yo debo ser mas normalita, tengo que reconocer, que me agrada el que me reconozcan un trabajo bien hecho.
¿tal vez peco de poca modestia al reconocerlo?
Supoño que a disparidade é similar á das películas ou dos libros, no caso da crítica. Non hai como coller Babelia e El Cultural e pasar un rato divertido vendo diferentes aproximacións ao mesmo lanzamento.
Eu teño que dicir que, de todos os xeitos, no caso da crítica gastronómica, esa disparidade é normal cando falamos de cociñas tan persoais como (se miramos en corto), a de Toñi Vicente ou a de Marcelo. Superados determinados niveis obxectivos de calidade e servizo, o resto é opinión, explicación e preferencia persoal. E se cadra estea ben que sexa así.
Elena, o das Estrelas obviamente é relevante para moitos cociñeiros, porque é un impulso notábel ao seu traballo. Uns cantos terán quedado moi decepcionados, porque andiveron traballando arreo para chegar aí…Pero lembro -lembramos uns cantos- unha conversa hai uns meses cun famoso cociñeiro galego con Michelín, que sabía que podía traballar para conseguir a súa segunda estrela, pero renegaba dos custes e sacrificios persoais que iso implicaría. “Prefiro vivir”, dixo. Cada un se marca a medida da súa propia ambición, e a ambición persoal ás veces non só vai na dirección profesional.
Non son cociñeiro, pero entrar no selectísimo clube das dúas estrelas debe ser unha enorme escravitú. Ben polos que o intentan. Pero sabes ao que te expós.
seguiremos discutiendo este tema, pero será mañana y si tenemos suerte en persona.
Me apetece conoceros a todos.
Ya falaremos
buenas noches
Elena
De todas formas o Bib Gourmand sempre foi un pouco diferente… coido que a súa funcion non é unha antesala da estrela, se non que sempre tirou máis ben ó plan da cociña rexional e tradicional.
Eu de feito son bastante partidario dos Bib’s, ás veces ata son máis agradables ca as outras opcións.
Miremos la guía como un catálogo de resturantes y hoteles hecho por una empresa privada, con sus propios criterios, sin la intervención -se supone- de intereses espurios. Eso es lo que dice su decálogo de actuación y se supone que el privado de los crític@s.
Ahora bien, es muy interesante cómo los críticos al uso están intentando poner tierra de por medio con respecto a estas guías y como están entrando en el mundo blog.
Estoy convencido que tanto en Madrid-Fusión como en el caso del Fórum de Santiago se tratará el tema de la crítica o la crónica en los blogs en contraposición o como complemento de las y los críticos de prestigio. Estará muy bien porque quizá se discierna entre lo que es crítica y crónica, lo que las une y lo que implican ambas.
Un saludo.