[lang_gl]Xa sabes, nisto das guías gastronómicas pasa como coas eleccións: se nos poñemos, podemos gañar todos.
Acaban de saberse a relación de estrelas da Guía Michelín 2008. Tes a lista completa en Salsa de Chiles. Con poucas variacións con respecto a anos anteriores, destacamos que en Galicia temos dúas novas estrelas, que son un bombazo. A primeira, a Yayo Daporta, en Cambados, que se converte, seguramente, no cociñeiro galego máis novo cunha estrela Michelin na comunidade. Curiosamente, o primeiro restaurante no que nos xuntamos os Blogastrónomos a disfrutar da primeira xantanza. Se é que somos uns cracks…;-)
A segunda estrela é para outro restaurante do que temos falado moi ben aquí, pero que me xogo algo que non estaba en ningunha das cábalas: o Retiro da Costiña de Santa Comba. Un restaurante controvertido, por certo, como podedes ver se ledes os comentarios do post.
[/lang_gl]
[lang_es]
Ya sabes, en esto de las guías gastronómicas pasa como con las elecciones: si nos ponemos, podemos ganar todos.
Acaban de saberse la relación de estrellas de la Guía Michelín 2008. Tienes la lista completa en Salsa de Chiles. Con pocas variaciones con respecto a años anteriores, destacamos que en Galicia tenemos dos nuevas estrellas, que son un bombazo. A primera, a Yayo Daporta, en Cambados, que se convierte, seguramente, en el cocinero gallego más nuevo con una estrella Michelin en el país. Curiosamente, el primero restaurante en el que nos juntamos los Blogastrónomos a disfrutar de la primera Xantanza. Si es que somos unos cracks…;-)
La segunda estrella es para otro restaurante del que hemos hablado muy bien aquí, pero que me juego algo que no estaba en ninguna de las cábalas: O Retiro da Costiña de Santa Comba. Un restaurante controvertido, por cierto, como podéis ver se leéis los comentarios del post. [/lang_es]


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 2 comments… read them below or add one }
Iso mesmo estaba comentando no blog de Colineta… ¿Será que temos algún crítico de Michelin infiltrado nos blogogastrónomos?
Eu nunca o dubidei.