[lang_gl]Campaña publicitaria de The Guardian sobre a relación entre medios e blogosfera[/lang_gl][lang_es]Campaña publicitaria de The Guardian sobre la relación entre medios y blogosfera[/lang_es]
A colorista e impactante nova campaña da edición electrónica de The Guardian, desenvolvida pola axencia Wieden + Kennedy de Londres, está claramente influída polo crecemento da blogosfera e os medios sociais. E, se non, xulga por ti mesmo:



Vía Adverbox












Qué boa a campaña!
É unha campaña provocadora, e iso é o que a fai interesante. Tenta definir o papel dun xornal electrónico nun contorno cada vez máis influenciado polos medios sociais, blogs e outras plataformas, e téntao facer de xeito amábel e didáctico.
Hai tempo, o xornal brasileiro O Estado tentou o mesmo pero de forma radicalmente provocadora (e divertida) e xerou toda unha polémica en América Latina. Un exemplo:
Máis aquí: http://www.juliangallo.com.ar/2007/08/el-diario-o-estado-se-burla-de-los-blogs/
Neste sentido gustoume a estratexia de comunicación da nova presidenta de Arxentina: http://www.sebalorenzo.com.ar/2007/09/28/redes-de-colores-para-cristina-2007/
Trata ós medios como un nodo máis da rede de información.