Como podedes ver nos comentarios que hai nos posts (exemplo), engadín soporte para Gravatar e así, deste xeito, facer posible que apareza o voso avatar identificativo cada vez que deixades un comentario. A maxia do asunto, para os que non coñezan Gravatar, está en que cando deixades o voso correo no comentario, o sistema busca no banco de datos de Gravatar se hai algún usuario rexistrado con ese correo, e se ese usuario ten unha imaxe asociada. Este sistemiña de Gravatar está en moitos blogs de por así, de tal xeito que podes manter a túa identidade sen traballo en moitas webs nas que mantés conversacións. Se queres facerte un usuario, esta é a páxina de rexistro de Gravatar.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 10 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Vaia, pois eu engadín o soporte de Gravatar a pasada fin de semana tras enterarme que a empresa que leva o servizo viña de ser mercada polo responsable de Wordpress (ou sexa, que é moi probable que se convirta nun estándar nos blogs).
Efectivamente. A verdade é que creo que unha das posíbeis expansións de wordpress no futuro podería ser mellorar a súa xestión da comunidade e da conversa. Gravatar podería ser o primeiro paso.
Probando!!!
Probando de novo!!!
Outra vez!!!
Novo intento!!! Lume na viqueira!!!
Que lle pasa ó aparato ? Que esto non vai?
Trebellos do c…!!!
Xavier, funciona perfectamente! Hai seis avatars teus neste comentario!
Certo! Pois si!!! Ó que pasa é que non se me puxo no momento…
Deixa un comentario