Google como oráculo

21 Outubro, 2007

Unha chamada.

-[…].
-Vaille pasar algo a X.?
-Algo de que?
-Estes días hai xente que o está a buscar moito en Google. Eu entérome de refilón, porque me están a chegar un mundo de visitas ao meu blog buscándoo a el con nomes e apelidos. Como o mencionara naquel post… E non é un termo de procedencia nada habitual para a miña páxina.
-[…]

Unha semana despois era nomeado para un alto cargo.

.

{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Calidonia 21 Outubro 2007 at 3:30 pm

E tamén serve para adiantar as cousas malas…

2 magago 21 Outubro 2007 at 7:28 pm

Para quen lle interese, o Google Trends é o intento de Google de sistematizar o Zeitgeist, a busca colectiva de termos en Google, e buscarlle relación con noticias.

http://www.google.com/trends?q=galicia&ctab=0&geo=all&date=all&sort=0

3 ghanito 22 Outubro 2007 at 9:34 pm

A historia é boisima. Moi observador o comunicante, a min igual escapábaseme o detalle.

4 magago 23 Outubro 2007 at 5:57 pm

Ghanito, direiche que xa ten pasado máis dunha vez desde que está o bipartito . ;-)

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>