

Hotel Particulier de Montmartre (París)
Superada a fascinación pola arquitectura espectacular que moitos arquitectos lle levan dando aos hoteis de luxo durante todo o século XX, os interiores son agora a nova pluma de pavo real no luxo global e viaxeiro das capitais do mundo. Hai un cambio significativo na forma na que os hoteis de alto nivel atraen agora ao seu cliente. Ata hai vinte anos, o clasicismo era a nota dominante, e aí estaba a distinción. Un sabía que estaba nun hotel de luxo porque se asemellaba a un modelo arcaizante e novecentista de pazo aristocrático, coma o Hotel du Palais de Biarritz; as tornas cambiaron, e unha vez que o confort é un valor relativamente doado de producir, a nova aristocracia monetaria impón espazos máis persoais, diferenciados, rubricados por autores concretos. Este movemento global outorga ao espazo interior un valor non demasiado atendido ata o momento, dálle fotoxenia e busca que a experiencia do hotel sexa considerábelmente distinta á vida cotiá.
É a nova ilusión, o novo espellismo cultural das clases altas, trasladar o espectáculo dentro de catro paredes. Entre o Ritz e o Hotel Avenida de América de Madrid, por poñer un caso próximo, está unha transformación na economía do capital e nas actitudes da clase alta, que xa non é tan ostentosa na súa exhibición pública. Por máis que ao Ritz vaian os pais e ao Porta de América vaian os netos das mesmas familias. Algunhas destas xoias do interiorismo -inalcanzábeis para a maior parte dos petos- están a abraiar na forma na que os interiores se conciben, como se xa non quedara ningunha norma na distribución do noso espazo íntimo e todo estivera por inventar. Serán clásicos do deseño, dentro dun par de séculos, cando nos miren desde os libros/tfts antolóxicos do século XXI. Para de aquela, a clase alta -seguro que seguirá habendo clase alta- xa terá descuberto algún outro xeito de diferenciarse e confirmarse. Mentres, quédanos estas fermosuras. Recomendo explorar as ligazóns.

Hotel Adam&Eve (Turquía)

Hotel Fox (Copenhague)

Descoñecido hotel en construción. Campaña de promo neste blog.








4 respostas
manuel, imaxino que o hotel en madrid ó que te refieres é o silken puerta américa
á beira doutro edificio emblemático da capital: as torres blancas de sáenz de oíza
Efectivamente. Moitas grazas!
Muchas gracias por mostrar mi imagen. No defraudaré.
Saludos
Coméntanos algo