Peñalba de Santiago: a xoia dos Montes Aquilanos

29 Setembro, 2007

penalba_1.jpg

Aínda que está perfectamente sinalizada desde Ponferrada, non moita xente sabe da existencia de Peñalba de Santiago, unha fermosísima aldea rehabilitada metida no máis profundo dos Montes Aquilanos. Nas soedades abruptas destas montañas que empatan co macizo galaico ao Oeste, os anacoretas e os bispos retirábanse ao máis profundo do Bierzo. O turístico apodo de Val do Silencio ten unha base real: o río Oza tivo que calar o seu estrondo entre as pedras ante a orde do bispo San Genadio, que se retirara ata unha solitaria cova para rezar e tivo que lidiar co ruidoso veciño acuático. Desde esa, o río mergúllase entre as rochas e vai aparecendo e desaparecendo, con prudente discreción. Próximas están tamén as ruínas do mosteiro de San Pedro de Montes. Alí chégase por unha tortuosa e lenta estrada con bosques e fervenzas.

Pero Peñalba de Santiago destaca especialmente pola súa incríbel igrexa mozárabe, rematada polo bispo Salomón no ano 953. O templo é un marabilloso exemplo das influencias culturais e da transformación dos polos de poder na península. Aínda que os artesáns mozárabes mantiñan a planta de cruz grega -a influencia da cultura bizantina, de aquela referencia no mundo occidental-, as súas preferencias estéticas estaban no sur, na vibrante Córdoba, e non puideron resistir emular un mihrab na factura deste templo de pedra e pizarra; tamén sinal de que estes materiais habíanlle parecer algo toscos para a súa obra, pintaron os teitos interiores para que, cando menos, parecera que estaban feitos en adobe. Toda esa historia, e máis, está contida nesta igrexa que os poucos veciños da aldea coidan e miman. Aquí van algunhas fotos:

penalba_2.jpg

penalba_2.jpg

penalba_2.jpg

penalba_2.jpg

Peñalba de Santiago en Capítulo 0 Mapas

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 arume dos piñeiros 29 Setembro 2007 at 5:08 pm

Ten toda a razón: gran descoñecida, fóra dos bercianos. Pero unha experiencia única a de mirar para os montes desde aquela vila fermosísima.

2 César Salgado 29 Setembro 2007 at 9:33 pm

Concordo plenamente: merece a pena visitar Peñalba de Santiago pola arquitectura e pola paisaxe. Ademais está moi perto de Ponferrada…

3 reflexf4 1 Outubro 2007 at 3:52 pm

Dan ganas de escapar , pra coñecela.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>