E a perspectiva…estaba detrás

4 Setembro, 2007

san_giovanni.jpg

No Campo de San Giovanni e San Paolo, na Venecia sen turistas (1 litro de auga, 0,75; as variacións no prezo da botella son o indicador turístico máis válido na cidade) está este edificio, anexo á igrexa. Revisando as fotos, doume conta agora de que non é outro xogo máis de perspectivas renacentistas, non; dentro, está o vestíbulo do Hospital do mesmo nome e, ben, é exactamente iso que ves na foto. O interior ten ese artesonado, esa profundidade, esas columnas; a fachada quere transparentarse e dar paso ao interior. Sorprendente.

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 ruben 5 Setembro 2007 at 1:21 pm

que marabilla de edificio! na miña ignorancia, estou afeito a pensar que a aparición da perspectiva é un paso importante na pintura. sen decatarme de que a arquitectura, en xeral, non deu ese paso.

en cambio ese edificio tena. vese que houbo unha época de grandes experimentos que polo que parece na arquitectura non tivo tanto éxito como na pintura…

estame encantando esta viaxe por Italia. cando marchamos de novo, ;)?

2 magago 5 Setembro 2007 at 7:17 pm

A mágoa, Rubén, é que non permitían tirar fotos do interior do vestíbulo (era un hospital), e tampouco as atopei por aí: sería curioso comparalas.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>