
Durante moitos anos, foi o único menhir “oficial” de Galicia. É a Lapa de Gargantáns, en Moraña. Hoxe sabemos que hai outros, aínda que non moitos. O camiño vaise esborrallando cando chegas ata el. E está inzado de tatuaxes…coviñas, círculos, arte rupestre parecida á que se atopou no seu momento en Dombate. Ségueme a impresionar.
Localización da Lapa en Capítulo 0 Mapas



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 5 comments… Le abaixo ou engade o teu }
A min segue a impresionarme a cantidade e a cualidade da túa producción. Se houbese que votar polo mellor blog en galego, seguramente votaría polo teu, aínda que non me interesan moitas das anotacións (as gastronómicas, por exemplo).
Barro pra miña casa, pra mín, a anta ou menhir por excelencia de Galicia foi sempre a Pedra Alta ou Antela da Limia.
César, pois moitas grazas polo agasallo do teu comentario. Teño que informarche, con todo, que seguirei escribindo entradas gastronómicas mentres me dure o apetito.
Xavier, agora lembro esa pedra. Pero a de Gargantáns foi a única consignada como tal no Catálogo BIC de Galicia (creo que xa cambiou, pero non o sei); malia haber algunhas máis constantadas, e non só . Publicaches, por certo, algunha foto dese menhir da Limia?
A Pedra Alta ou Antela estraname que non apareza. Por suposto que teño unha imaxe, xa que é a que deu nome a nosa lagoa… de Antela.
Podes vela en:
http://www.flickr.com/photos/limiao/355803720/
Curiosa a cristianización!
Deixa un comentario