O valor da simplicidade gastronómica

28 Agosto, 2007

osteria_ponte_1.jpg
Unha caprese

osteria_ponte_2.jpg
Tagliata de cinta sienesa

Busca bos ingredientes. Os mellores do campo. Cocíñaos sen gran despregue, atrapando o cerne do seu sabor. O máximo. Na Toscana, a ensalada caprese é un estendido antipasti, un entrante, e non é nin máis nin menos que iso. Tomates máis que decentes para presentarse en grandes toros, moi boa mozzarella de búfala. Outro exemplo glorioso, realmente glorioso de tan simple que é: a tagliata de cinta sienesa, tiras de porco grellado pero cun punto moi importante, mesturados con cebola tamén pasada pola grella. O duro sabor da cebola algo carbonizada -coma os calçots cataláns- que encaixa perfectamente coa carne de porco. Nós probámolo nun lugar moi recomendábel, na Osteria Al Ponte, en Radda in Chianti, entre outras moitas cousas, nunha tarde de sopor caloroso.

Osteria Al Ponte en Capítulo 0 Mapas

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 xmanoel 28 Agosto 2007 at 3:48 pm

Impresionante. Esa cociña italiana…

2 magago 29 Agosto 2007 at 12:39 am

…que nunca cansa. Mira que comín rexional nesta viaxe, pero aínda así nunca me sentín farto nin con gañas de volver aos sabores patrios.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>