Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario, Italia, Paparotas & Co, Roteiros

Osteria Le Logge, cociña ilustrada en Siena

25 / Agosto/ 2007 Sen comentarios

lelogge_1.jpg
Comedor da Osteria Le Logge, de Gianni Brunelli, en Siena

Frase lapidaria, efectiva como unha Lei de Murphy. Entro cun amigo a un restaurante e, mentres agardamos para pasar a sala, observamos varias fotos do propietario con líderes comunistas.

-Aquí vannos cravar -sentenciou apesumbrado o meu amigo. Non fallou.

Lembreime da historia nesta casa de comidas de Siena. O chef e viticultor Gianni Brunelli ostenta nas paredes da Osteria Le Logge unha amábel foto con Fidel Castro; ao carón, hai outra, recortada dalgures, do irmancísimo Raúl. En certo xeito, en Le Logge, a máxima do meu amigo volveuse a aplicar, pero o prezo o valía. Le Logge ten sona de ser un dos mellores, senón o mellor, restaurante de Siena. A dous pasos da Piazza del Campo, elabora unha cociña toscana de base tradicional pero con numerosos toques ilustrados que prolongan e exploran a rica experiencia da Italia central, especialmente na dirección de incorporar horta e máis horta ao produto. A cociña italiana, como a francesa, segue a considerar o preve como elemento imprescindíbel que realza o produto, o multiplica.

lelogge_2.jpg
Texturas puramente toscanas, neste anatra (esquerda) e no pollo (dereita)

Uns malfatti’all osteria, que veñen sendo unhas deliciosas boliñas de espinafres con queixo gratinado, uns estupendos tagliolini con pesto e patate, con dadiños de pataca incorporados á pasta; nos segundos, esta ilustración advertíase moito máis. Anattra leggeramente affumicata con crema di arancio: un pato cociñado tradicionalmente á que a laranxa se lle incorporaba sen rubor nunha boa comparación. O Pollo nostrale con sedano, carote e purea di patata era un prato de grandes recordos familiares, baseado no puro cerne da horta vilega, o apio, a cenoria e a pataca. De beber, demandamos a axuda da casa, que no recomendou un Bossona Riserva 2000, un viño noble de Montepulciano (falarei deles noutro post) que tería anos para perder o seu carácter pero que se mantiña sorprendentemente fresco e equilibrado. Xunto cos xeados, e os cafés, 50 euros por cabeza, que non está nada mal. Ao noso carón, unha embarazada, cos ollos tapados por un pano de seda, xogaba a distinguir aceites que lle traían de botelliñas; unha xaponesa discutía sobre a textura dos xeados; e dúas vellas de grandes colares ollaban cara as paredes cos bolsiños apreixados nas mans. Respirábase un ambiente de bo comer. E é un dos sitios imprescindíbeis da cidade, sen dúbida.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.