Explorando o camposanto do Campo dos Miragres de Pisa

22 / August/ 2007

in Diario, Italia, Roteiros

campo_1.jpg

Sempre me pareceu unha arquitectura fantástica, como creada a partir dunha novela de maxia e bruxería. Un lugar máis onírico que real.

O Camposanto é a irmá pequena en atención e visitas no concorrido Campo dei Miracoli, de Pisa, a praza na que está o Duomo e a famosa torre inclinada. Pero non sempre foi así: ata o XIX, era o reclamo pisano para os turistas europeos que emprendían a Viaxe Italiana. E era así porque foi o primeiro cemiterio medieval, feito como tal fóra da igrexa, que se coñece na Idade Media. Foi erguido no século XIII e, desde entón, non se ten superado en beleza e fermosura de proporcións. Dentro do marasmo humano de Pisa, este lugar segue gardando soedade e silenzo. É posíbel pasear polo seu claustro fermosísimo simplemente co son dos teus pasos.

campo_3.jpg

campo_4.jpg

Durante o XIX o Camposanto acolleu un museo, como se entendían estes nese século: unha aglomeración de antigüidades clásicas e bustos e memorias de próceres. Hoxe o paseo por esta colección heteroxénea de mármores é nostálxica, filtrada e enreixada pola luz filtrándose no claustro, construído sobre terra de Xerusalén traída polos cruzados. O tesouro, para min, está detrás, nos frescos medievais que cubrían as paredes interiores. Os bombardeiros aliados acabaron con moitos delas, pero conservouse unha das mellores e estarrecedoras pinturas da Idade Media que podemos ver: o Trionfo della Morte, de autor anónimo. Unha enorme parede no que se traza este clásico tema da pintura relixiosa medieval, co que artistas e clientes axustaban contas cos inimigos e reducían as famas a cinzas. Alí quedamos chantados tempo e tempo.

morte_1.jpg

morte_2.jpg

morte_3.jpg

{ 3 comments… read them below or add one }

ifrit 23 / August/ 2007 at 12:46 am

O primeiro cemiterio da Historia?

magago 23 / August/ 2007 at 2:44 am

Cemiterio cristián, como tal, fóra dunha igrexa. Tes razón, Ifrit, non estaba ben expresado. Xa o amañei.

ruben 23 / August/ 2007 at 10:07 am

que fermosura de pintura! quen me dera!! que descuberta… Pisa queda apuntada na miña próxima volta ao mundo, XDD

Deixa un comentario

Previous post: Histeria colectiva na Torre de Pisa

Next post: Gastronomía italiana, ou como sentirse lixeiro despois de comer