Dúas curtas de Tomek Baginski

baginsky.jpg
O animador polaco Tomek Baginski

Cando vin Fallen Art, unha das máis coñecidas curtas de animación dixital do polaco Tomek Baginski, quedei sorprendido pola intensidade, pola peculiaridade da súa visión fatalista da historia. Detrás da marabillosa armazón tecnolóxica non había só un virtuoso cun sentido estético excepcional; sobre todo, Baginski é un narrador con universo propio, pesimista, contador de con destinos irrefrenábeis que sobrepasan ao individuo solitario. Ddsign acaba de dar a agradábel sorpresa de linkar catro significativas curtas deste Baginski, e hai dúas notábeis. Paga a pena perder cinco minutos e velos.

Un dos traballos máis famosos de Baginski, The Cathedral, visualmente espectacular (aínda que lle sobran un minuto ou dous, ao meu ver).

O desacougante Undo:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará