Fotos mergulladas na pía do Corpiño

corpino_3.jpg

corpino_1.jpg

corpino_2.jpg
Fotos: Sole

Pois mira como se parece esta igrexa ao Corpiño – pensei. Era festa, a banda de Merza xuntábase na carballeira para subir ao palco, algúns paisanos con traxe de domingo paseaban polo redor. A mesma plataforma de pedra, as mesmas antigas tabernas ao carón, todo o similar.

Pois si que era o Corpiño. E non sei por que sempre, sempre, acabamos aquí, sen pretendelo. O labirinto de camiños do Deza déixanos sempre ás portas deste poderoso santuario do que os sábados saen alaridos de endemoñados, de súpeto. No Corpiño o sábado conxurábanse as forzas do mal neste momento especialmente revolto que é a Noite de San Xoán. E, na pía de auga bendita do interior da igrexa, un vello saca catro destas fotiños molladas da foto e acaríñaas cun dedo, lavándoas con máis auga. Fóra, o mercadeo de escapularios é un clásico. A piques estiven de mercar un. De pequeno, atrevérame a abrir un destes saquiños de tea convencido de que, ao facelo, desataría as forzas das tebras. Tiña un anaco de texto en latín, extraído dun Evanxeo. Sería a Biblia de George Borrow. A piques estiven de volver mercar un para saber que enigma de poder encerraban os escapularios do ano 2007.

O Corpiño en Capítulo 0 Mapas

One Comment

  1. francisca
    16 / Decembro/ 2010

    hola, necesito saber la direccion o correo electronico , del parroco jjose donsion, ya que quero que visite un familiar enfermo de cancer. que vive en gresande.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará