


Criaturas do Abismo
Haroun Tazieff, un experto francés en volcáns e xeoloxía, díxolle a Claire Nouvian, a editora deste incríbel libro que é
The Deep: The Extraordinary Creatures of the Abyss unhas palabras que describen moi ben o campo de investigación: “explorar o cordal oceánico coa axuda de sumerxibles é o equivalente a explorar os Alpes cunha linterna“. Cando Nouvian compilou, de moitos científicos distintos, as duascentas imaxes de fauna abisal, das profundidades máis ignotas da Terra, atopouse cunha visión de conxunto que non existira ata o momento e que ningún dos científicos coñecera na súa totalidade. Algúns destes animais só se viron unha ou dúas veces. Apareceron monstros incríbeis, para a nosa percepción, que desafían en moitos casos algunhas persectivas sobre a evolución biolóxica e a supervivencia en contornos tan hostís. The Deep conta cunha web que permite albiscar desde a escafandra da web este outromundo.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Ese do medio non será un mutante da Foxa Atlántica, aló onde guindaron os bidóns nucleares?
XD
Si pareceo , pero xa tiña que ter crias..:-)
o primeiro quer beijar a algem
Deixa un comentario