Fake da xuntanza de dirixentes do G8

10 Xuño, 2007

fake_g8.jpg

Esta foto non é real. Pero sen dúbida é unha das críticas máis lúcidas á xuntanza dos mandatarios dos oito países do Clube do G-8 en Heiligendamm (Alemaña). Foi a campaña de protesta que Os Verdes instalaron nas rúas da vila para protestar por esta invasión, tomando fotos reais do valado instalado para a seguridade das comitivas gubernamentais. A efectos comunicativos e de imaxe pública, esta xuntanza, como as anteriores, foi un auténtico despropósito. 120 millóns de euros públicos tirados na súa organización. 3000 xornalistas e nada en limpo. A axenda diaria dun xornalista está chea do que se chaman pseudoeventos, é dicir, de noticias que non son noticias promovidas polos políticos ou outras organizacións (colle a sección Galicia de calquera xornal e poderedes comprobalo). O curioso dos pseudoeventos é que, a pesar de todo, seguen a ser publicados sen maior problema.

A xuntanza do G8, sen embargo, amosou un problema diferente. Se constrúes un pseudoevento coma este, pero colocas o centro de prensa a 20 km da sede, e practicamente negas o acceso dos xornalistas aos gobernantes, só che queda promover o comunicado oficial, e iso non adoita funcionar. E, como analiza lucidamente Béatrice Gurrey en Le Monde:

Les mesures de sécurité sont devenues si drastiques durant ces sommets, l’accès aux hommes d’Etat et à leurs équipes si restreint, que les reportages vraiment intéressants deviennent les manifestations altermondialistes qui en sont la cause

As organizacións altermundialistas, efectivamente, si tiñan abertas as canles de comunicación e producían un evento para a axenda pública.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>