
Fonte: The Information Technology and Innovation Foundation. Informe (en PDF)
Vale, e despois do cabreo que nos provoca este gráfico, algunhas reflexións.
Primeiro a de FayerMayer. ¿Debería considerarse banda ancha menos de dous megas por segundo? Non, esa é unha medida de finais dos 90, non actual.
Segundo, existe unha correlación, non totalmente directa, pero si moi próxima, entre incremento de velocidade e reducción de custe de mega por segundo (lóxica, por outra banda, é un tipo de servizo no que os custes principais están no investimento inicial). Eso é así en todo o mundo. Pero veremos que dirán as nosas benqueridas teleoperadoras e que din os seus comerciais cando lancen os novos paquetes máis veloces entre este ano e o que vén.
Terceiro, busquemos o próximo: ¿por que as operadoras portuguesas ofrecen 8 megas a mellor prezo que os nosos cutres 3 -nada reais, por certo-?
Cuarto, ¿por que non hai un debate real sobre esta cuestión nos nosos Parlamentos, igual que neste momento se está a producir no Senado norteamericano? Un debate orientado a clarificar a oferta de produtos de telecomunicacións por parte das compañías e destinado a propiciar un incremento real da velocidade que facilite a nosa converxencia? Eu teño unha resposta un pouco mala para iso: porque boa parte dos nosos políticos cren que o ADSL actual é unha velocidade impresionante.
Vía ALT1040

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 5 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Eu coido que hai un detalle no informe moi a ter en conta: a velocidade de acceso nos EE.UU.
Tendemos a pensar que en EE.UU. é todo marabilloso, pero resulta que nas cidades teñen unhas conexións caralludas e nas periferias e no rural dan noxo (coñecía a un rapaz que só por vivir nos suburbios se tiña que conectar con módem cando en Galicia esa xente normalmente tiña cobertura de ADSL).
Iso si, que os norteamericanos sexan partidarios das desigualdades, non parece aceptable en que Europa pase tal, e en Galicia a situación radicalízase, de xeito que se paga máis cara unha conexión de 1 Mbps nunha vila que por unha de 20 Mbps nunha cidade (o que resulta especialmente escandaloso se temos en conta a diferenza de poder adquisitivo).
Eu non discutiría moito das velocidades, e si moito dos prezos.
Concordo contigo. Por iso sinalaba o feito de que a máis velocidade, menos prezo. As operadoras están mantendo a marxe de beneficios moi por riba do razoábel nun produto deste tipo, sobre todo cando as amortizacións do investimento inicial (no caso do ADSL de cobre) son razoabelmente rápidas.
Una duda:
¿Cuánto pagan en Brasil por un 1Mb?
¿Ese precio incluye la tarifa teléfonica básica(renta mensual)?
En México se pagan aproximadamente 28 dólares por 1 Mb.
La conexión fija mensual en 16 dólares.
Total, aproximadamente 44 dólares.
De antemano gracias, buen post!
Felipe, el acceso a Internet en Brasil es carísimo, pues los DSL normales son a 400 Kbps. Se puede contratar una conexión con Brasil Telecom a 1 Mbps por 219,99 reales (83 euros) lo que es una auténtica pasta (o salario mínimo interprofesional está nos 380 reais) y no incluye servicios adicionales.
Y ni que decir que en Brasil sólo puedes contratar DSL en las ciudades (buena parte del país no tiene ni teléfono fijo).
Ojalá que algún día nuestras conexiones sean más baratas, lo necesitamos =S
Muchas gracias Marcus!
Un saludo desde México
Deixa un comentario