Proxecto Dous Miles (2): Subimos ao Pico Mostallar nos Ancares

4 Xuño, 2007

mustallar_1.jpg
A Mallada de Piornedo, un val cheo de brañas e lagoas, e, ao fondo, o Mostallar

mustallar_2.jpg

mustallar_3.jpg

mustallar_3b.jpg
Gabeando o empinadísimo tramo final

mustallar_4.jpg

mustallar_5.jpg
Acivros

mustallar_6.jpg

Pois -xa ía sendo hora- coroamos o segundo dos cumios do Proxecto Dous Miles, o Pico Mostallar! Ubicado nas proximidades da aldea de Piornedo (Ancares), o Mostallar é unha impoñente mole de 1935 m -1924 segundo outras fontes- que ten a honra de ser o pico máis alto desta serra fronteiriza. A subida a este cumio, o segundo en altura de Galicia- faise desde a propia Piornedo, camiñando entre as súas pallozas, e o traxecto consiste en remontar un desfiladeiro -aberto- fermosísimo que nos leva ata a Mallada de Piornedo. A Mallada é un lugar espectacular, un val de apariencia lunar, un antigo circo glaciar no que nacen os manantiais do río, como a Fonte de María Rodríguez; aquí os aldeáns do Piornedo custodiaban durante días de soedade os rebaños de todos os veciños e loitaban contra os lobos que baixaban pola noite, e que aínda o seguen a percorrer. Poucos lugares tan impresionantes teño visto na montaña galega.

Desde aquí, subimos guiados por un valado metálico que fai practicamente a divisora entre Galicia e León, nunha costa de vertixe. É o tramo máis complicado. Un sabe o que é gabear cando descubres que o teu vindeiro paso está, máis ou menos, á altura dos teus ollos. A paso tranquilo, a subida ao Pico Mostallar e a súa posterior baixada serán unhas catro horas e media, pero a vista desde o o seu cumio só provoca fascinación. Aquí, o mundo é unha sucesión de montañas e picos ata onde a un lle chega a vista, lagoas pequenas aproveitan as pousadas das montañas a media altura.

Aquí vai unha crónica en vídeo da viaxe de Xurxo, Sole e Manolo:

E aquí, para os que o que estean interesados en subir, un pequeno vídeo cun voo de Google Earth sobre a zona e unhas explicacións máis técnicas sobre o roteiro.

Anterior subida do Proxecto Dous Miles: Pico Tres Bispos

{ 10 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Andrés 4 Xuño 2007 at 3:06 am

qué bo! Algún día farei algo parecido… aínda que esas costas son tremendas… eu apúntome a algo menor, á ruta dos-”miles”! :P

2 magago 4 Xuño 2007 at 9:37 am

Andrés, pódoche dicir que hai algúns de mil peores… ;-)

En todo caso, é certo que o último tramo do Mostallar faise duro de vez!

3 dot 4 Xuño 2007 at 12:14 pm

Xenial.

4 job 4 Xuño 2007 at 2:34 pm

Moi bonito, ben feito e moi ben explicado.
Espero compartir con vós algunha destas…
Na páxina do Ateneo podedes enlazar con “Sendereando”, un dos grupos de amigos que fan sendeirismo.
Moitos recordos

5 Nacho 4 Xuño 2007 at 3:41 pm

El vídeo está muy bien. Mola la escena en la que llegáis. En la próxima habrá que llevar una botellita de algo para descorchar en la cumbre. A ver si puedo sumarme a alguna de esas escaladas. Creo que el primer plano de la “cagada de lobo” es el empujoncito que necesitaba para acabar de decidirme. :D

6 magago 4 Xuño 2007 at 4:03 pm

No guión orixinal estaba previsto unha “manipulación”, pero este blog tamén o ven nenos. :-P

7 magago 4 Xuño 2007 at 8:13 pm

Grazas, Job, seguirei a pista de Sendereando e benvido a estes comentarios!

8 Anonymous 5 Xuño 2007 at 4:37 pm

Moitas Gracias, e o saudo fagase extensivo a todos os que vos seguimos no blog…Sorte e adiante co proxecto Dous Mil.

9 dorfun 17 Agosto 2008 at 9:48 pm

…por entrar en contradiccions, o Cuiña non e o mais alto dos Ancares? En calquera caso, veño de facer porto de Ancares - Cuiña - Mostallar - 3 Bispos - albergue Ancares e pese as 9 horas de sufrimento e inconsciencia (polo atrevemento) a paraxe e espectacular…

10 magago 18 Agosto 2008 at 12:15 am

Agora mesmo non o sei, dorfun. Boa paliza que te metiches subindo os picos, pero abofé que paga a pena! Eu prefiro facela en inverno. Como vos pegara o sol moito debestes flipar.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>