Navia de Suarna: un castelo toscano nos Ancares

Last updated on 8 / Xullo/ 2007

navia_suarna.jpg
A ponte e o castelo de Navia de Suarna. Foto: Sole

Se che coincide pasar por Navia de Suarna (ou sexa, se vas expresamente a Navia de Suarna) quedarás sorprendido. Métete no seu minúsculo casco histórico, e descubrirás un castelo sorprendente. A fortaleza é antiquísima, do século IX; como case todas, foi tumbada polos Irmandiños, pero os seus señores, os Condes de Altamira, reconstruírona e fixeron dela un pazo. A Casa de Altamira foi das poucas da nobreza galega que porfiou, en pleno século XVI, en seguir vivindo nas súas antigas fortalezas das guerras feudais, introducindo elementos pacegos entre a sólida arquitectura militar. Pendurada nun penedo de pizarra no medio da apretada vila, parte da fortaleza continúa habitada hoxe; a outra parte, un lenzo de amplos ventanais renacentistas, agóchase entre mareas de hedra. Un pouco máis alá, unha gallarda ponte medieval atravesa o umbroso río Navia antes de que este marche polos montes asturianos.

Boa sorpresa me levei. Este tipo de pazo-fortaleza, apreixado nun peñón de pedra, no medio das casas, cunha arquitectura de grandes ventanais e entre torretas e barbacanas, lembroume moitos pazos que teño visto no rural da Provenza ou da Toscana, pero é estraño na nosa Galicia. Fermoso lugar, Navia de Suarna.

Localización en Capítulo 0 Mapas

15 Comments

  1. 3 / Xuño/ 2007

    Fermoso en verdade.

  2. 3 / Xuño/ 2007

    Si que está ben a vila… e ó ladiño dos Ancares!

  3. 3 / Xuño/ 2007

    …¡e tan descoñecida!… Nunca imaxinaría Navia de Suarna como un lugar tan fermoso! Hai que ter en conta, ademais, que debeu ser algo así como a capital administrativa desa área da montaña luguesa.

    Outra cousa máis subxectiva: foi un lugar que me deu moito bo rollo. Quero dicir, que se vía unha vida moi repousada. Xa buscaremos ir por alá a durmir, que é o verdadeiro xeito de coñecer un sitio.

  4. 4 / Xuño/ 2007

    Fixacheste na cantidade de edificios modernistas que habia na vila? Sorprendeume moitisimo…

  5. 4 / Xuño/ 2007

    É certo, Xavier, e houbo un que me chamou especialmente atención. Publícoo aquí:

    P1080832.JPG

  6. 4 / Xuño/ 2007

    Efectivamente, a min tamén. Estache na praza da vila. O máis curioso é o anuncio que ten doutro lado, creo que era unha especie de grandes almacéns (roupa, xastrería, etc)….

  7. 4 / Xuño/ 2007

    Efectivamente, a min tamén. Estache na praza da vila. O máis curioso é o anuncio que ten doutro lado, creo que era unha especie de grandes almacéns (roupa, xastrería, etc)….

  8. 4 / Xuño/ 2007

    Coincido contigo en que este é un pobo realmente sorprendente por inesperado. Eu tamén teño pendente pasar por alí outra vez…

  9. ANA
    17 / Xuño/ 2007

    fermoso por si todo navia incluido as suas aldeas donde poden ver grandes cousas de valor como castros por exemplo, é algún deles moi ben conservados e encima unha pixase toda verde e coidada e unha xente encantadora. merece a pena pasar visitar este rincón dos ancares lucenses.

  10. ANA

  11. ANA

  12. 22 / Xullo/ 2007

    Bonito pueblo donde los haya, a la rivera de las frías y cristalinas aguas del rio Navia. Con su castillo y puente medieval, testigo del tiempo.

  13. 22 / Xullo/ 2007

    Bonita foto la que encabeza la entrada. Te podria pedir un favor. Te dejo mi correo electronico y, me la podrias mandar?. Es una foto estupenda.

  14. Julia
    19 / Novembro/ 2007

    Moi fermosa e bastante singular a pequena vila, capital comercial, como dis, dunha ampla zona que incluía os Ancares leoneses ata os anos cincuenta. As construccións recentes fixéronlle perder parte do seu engado. Mirade senón a cantidade de casas brancas , con galería, … ¡que bonitiña era e canta xente vivía nela!

  15. pedro
    1 / Xuño/ 2010

    pueblo bonito bonito y el entorno en general incomparable,sin palabras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará