Thanatorama, un documental sobre a túa propia morte, gaña o Flash Festival 2007

1 Xuño, 2007

thanato_1.jpg

thanato_2.jpg

thanato_3.jpg

Acabas de morrer esta mañá, ¿interésache o que vai pasar agora?“, así é a proposta Thanatorama, o impresionante documental web que acaba de gañar o Flash Festival 2007 que se celebrou no Centro Pompidou de París. Thanatorama foi creado pola xente de Uplain.com, e é unha experiencia bastante sorprendente:

“Thanatorama propose une plongée dans les arcanes du monde funéraire. Entre l’intime et l’universel, le sacré et le trivial, le rite religieux et les règles du marché (…). Au coeur du dispositif, le spectateur assiste à sa propre mort (…) Una aventure iniciatique entre documentaire et fiction (…) “

Thanatorama debuxa o camiño que seguirías unha vez morto; a interacción en tomar as decisións relativas á túa propia morte: ter un contrato cunha aseguradora, incinerarse ou enterrarse, etc. Detense tamén nos profesionais da morte, e constrúeos, no sentido narrativo do termo. Os porteadores teñen un inquedante aire Tarantino, a fotografía está mimada ata o último detalle. A ambientación sonora, cunha locución axeitada -de estilo documental francés- crea a atmósfera. Trátase dunha gran reportaxe, de enorme calidade, que aproveita convenientemente a tecnoloxía dixital e introduce a interacción (o eu protagonista) na propia trama; nos vindeiros anos veremos aínda moitas máis.

Iso si, aviso: non é un documental nada doado de ver. Dá grima.

{ 6 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Anonymous 1 Xuño 2007 at 12:12 pm

Esta de impresion, co pouco que nos gusta falar dela….

2 ruben 1 Xuño 2007 at 1:11 pm

home, se non dá grima este, cal a vai dar?!

3 An 3 Xuño 2007 at 10:50 am

a mino certo é que a morte non me da grima…non penso morrer asi que…por que me vai dar grima :)de todos xeitos… o documental esta en frances..non si?

4 magago 3 Xuño 2007 at 12:45 pm

Está en francés, An, ou sexa que máis que grima o que pode dar é déplaisir.

;-)

5 Thanatorama.com 3 Xuño 2007 at 7:10 pm

Hello,

I can’t understand spanish language. But i can say to you thant we plan to translate thanatorama in spanish very soon. If you know people who could help us, i will appreciate. Anyway we will inform you when this webdocumentary will be ready for spanish people. Best Regards.

Alexandre - producer

6 magago 4 Xuño 2007 at 9:41 am

Hi, Alexandre,

in fact, this is not Spanish, but Galician -we speak it in the NW of the Iberian Peninsula, capital Sant Jacques de Compostelle-.

Ok, I will check for someone that could be interested in translate the webdocumentary to Spanish. Please send me a message with your email to magago@gmail.com.

Congratulations!

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>