Trailers de Investigación Espacial: as promos do programa Constellation da NASA

13 Maio, 2007

constelacion.jpg
Animación da vindeira alunizaxe

O Programa Constellation da NASA está a desenvolver o futuro da exploración humana fóra da orbita terrestre. As claves do programa, segundo o administrador da axencia espacial norteamericana, Mike Griffin, é a consolidación da Estación Espacial Internacional e o regreso á Lúa, como preparación para as exploracións humanas a Marte. Os novos vehículos de transporte espacial estarán orientados cara esa función de desprazamento humano. Pero o novo trailer da NASA parécese máis a unha película de ciencia ficción e mestura os obxectivos científicos coa narrativa audiovisual de acción. Son os esforzos divulgadores que debe facer unha axencia de elevado orzamento -sempre ameazada polos recortes económicos- por manter un certo índice de popularidade entre os contribuíntes. Aquí vai o trailer do novo regreso á Lúa:

.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>