
Tellas de antes dos postres no restaurante De Carmen (Santiago de Compostela). Foto: Sole
Os novos barrios só comezan a converterse en cidades cando os baixos comerciais dos edificios se transforman en panaderías e restaurantes. Pouco a pouco, a expansión de Santiago de Compostela polo oeste, nos polígonos creados entre a Choupana e Conxo, comezan a ter algo de vida e mesmo algunhas agradábeis sorpresas. É o caso do restaurante deCarmen, na Rúa das Arribadas, da que me falou a semana pasada Antonio -auténtico especialista no boca a boca gastronómico de Galicia. O proxecto leva só sete meses aberto nesta illa urbana que son os novos polígonos, pero rexistra cheos sorprendentes xa os sábados pola noite provocados polos urbanitas do centro. Rumoroloxía que é capaz de mover aos compostelanitas ata en chuviosas noites de cans como a deste sábado.
deCarmen é un bar-restaurante decorado cun elegante estilo contemporáneo, baseado no vermello, verde pistacho e negro. Grandes vidros separan o comedor da rúa, e filas de botellas crean un valado irregular entre o interior e o exterior. Non ten un estilo de cociña definido de forma rexional ou temática; a súa carta está baseada en pratos que están de moda, que funcionan, que soan nas cartas e nas revistas gastronómicas, que están resoltos con intelixencia e coidado e un produto desde logo de gran calidade. PArecen parte dese recetario global implícito que se está a impoñer en restaurantes gastronómicos de todo o Estado. Por exemplo, uns excelentes ovos rotos con gulas, unhas saborosísimas fabiñas con foie e xamón, ou tostas de queixo de cabra con cebola caramelizada. Os segundos son máis clásicos, ofrecendo algúns arroces (negro, de verduras), unhas carnes e peixes sen exceisva innovación, aínda que coidada elaboración. Probamos os bós solombiños con foie e láminas de bacallau á donostiarra, un rebozado de bacallau acompañado de pemento e pataca confitada, moi aceptable. Pero, ademais, deCarmen presta moita atención aos detalles de servizo que contribúen a enriquecer a experiencia con pequenas sorpresas por convite da casa. Deste xeito, nada máis sentar ofrecéronnos un pequeno aperitivo de aceitunas e crema de berenxenas. Ao rematar os segundos, a camareira tróuxonos unha sorte de kir pétillant -cava con refresco- para acompañar a unhas riquísimas tellas de améndoas, ou os licores de postre, tamén por convite da casa.
Todo isto unido a un servizo cunha rapidez e sincronización chamativas nun local aberto hai tan pouco tempo e con detalles de alto nivel profesional. Por exemplo, o viño. Pedimos un Mibal 2003 -un recomendabilísimo Ribera del Duero- que nos chegou fresco! A primeira vez que tal cousa me pasa en Santiago. O viño tinto servido cun puntiño de frío para compensar as altas temperaturas que se poden acadar nun comedor cheo e así manter o viño a unha temperatura impecábel que permite tomalo en perfecto estado ao longo de toda a cea. A adega inclúe poderosas referencias, coma o Mirto de Ramón Bilbao, entre os clásicos da Rioja, así unha representación moderada pero interesante das denominacións de orixe galegas.
Sen dúbida, de seguir con este notábel camiño no servizo e na elaboración da comida deCarmen será unha das referencias básicas nos vindeiros anos en Santiago. Oirás falar deles.
Restaurante deCarmen. Telf: 981943858. Rúas das Arribadas, 9. Sobre 30 euros.
Localización en Capítulo 0 Mapas

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




{ 13 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Xa me tarda…
Gracias pola boa crítica,e perdoade a tardanza, non tivemos moito tempo. Agradanos que se sentiran agusto no noso restaurante que é o que buscamos.Saudos, e volten cando queiran, esta é a súa casa.
Non estou dacordo coa critica. Non é mais que un sitio “resultón”. O tempo será quen dará a darreira nota… Carmen é antipática coa resta da xente.
querido blas,eu si que non estou dacordo ca tua critica,o antipático pode que seas ti xa que parece que eres moi observador segun das a entender,claro que e resulton.
Sabes que un sitio va a dar buen resultado cuando quieres organizar “un algo” para volver.
Nosotros (mi marido y yo) ya no sabemos que celebraciones inventarnos para bajar hasta deCarmen, incluso para animarnos si el Barça gana tomamos un vinito,y aqui es donde le doy la razón a Gago, bien servido
La compañia grata la llevo yo, independientemente de si me resulta simpática o antipática la dueña, lo que me importa es que es un sitio de lo más agradable que te puedes encontrar en Santiago en la actualidad, te ofrecen calidad preparada con cariño y eso nos hace querer volver casi cada semana.
desconfia si todas las criticas fueran buenas….
me muero por tus tostas de cabra, cuenta con tres este sábado otra vez
Todo moi bo. Iso si, o sirope de fresa que non falte, igual có perexil, cando están de saldo hai que aprobeitar!!! Botoi en falta a carta en galego, pero se algún de vós tamén o notarades, non llo digades a Carme, que se pon enferma!!!
Un saúdo e grazas pola boa cociña.
que pasa larpeira que no hablas castellano o que??????????????
É certo, Javier. A min non me gusta e punto. Grazas por a túa nota.
querido pablo vouche a tirar das orellas pois ultimamente estas un pouco rompe….con ivan e parece un bo rapaz,a debido a afluencia que tedes últimamente creo que deberiades de volver a poñer a terraza,claro sempre e cando os catro de turno den o visto bo.
los amo a todos
solo deseo q todo les vaya bien y q pronto me pueda pasar yo por alli para ver si pueda sacar mala critica.
Yo y mi mujer nos sentimos a gusto siempre que acudimos a este local, sea para comer o a tomar un vino. El trato es inmejorable y la calidad de lo que ofrecen es excelente
Un saludo para Carmen y a Pablo
Deixa un comentario