Cartóns de presentación que conteñen un xardín latente

12 Maio, 2007

carton_xardin_1.jpg

carton_xardin_2.jpg

A idea é tan xenial que dan gañas de quitarse o sombreiro, de habelo. A empresa de arquitectura da paisaxe Tur & Partner emprega unha modalidade moi curiosa de tarxeta de presentación. Trátase do pequeno plano dun xardín que ten, no seu interior, as sementes e o sustrato preciso para o seu nacemento. Con auga e luz, a tarxeta convértese nun microxardín e, ao facelo, convértese nunha demo da propia actividade da empresa. Fantástico. (vía)

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>