Prantas acuáticas na Lagoa de Cospeito. Fotos: Sole
Xúroche que xa escoitabamos isto desde moi lonxe, antes de ver a lagoa:
[audio:cospeito.mp3]A Lagoa de Cospeito, o humidal máis coñecido e coidado da Terra Cha, é unha auténtica explosión voluptuosa da diversidade biolóxica. Non hai máis que sentarse nas beiras e dedicarse a discriminar o son de rás, de patos e outros paxaros, os zunidos dos cabalos do demo ou mesmo das abellas. Hai algúns séculos, esta comarca debeu ser unha pequena Finlandia, poboada con numerosos lagos diminutos. Os humidais preservábanse porque a terra chairega é arxilosa e favorece a retención de auga. Os labregos secaron moitas destas lagoas para a labranza, pero, hoxe, a primeiras do século XXI, os pequenos lagos da Terra Cha son un dos seus meirandes tesouros.
Cospeito é fermosísimo. Aínda que esta non é a mellor época para a observación de aves -só están as residentes permanentes, non as escuadras aéreas que viaxan entre África e o Norte de Europa-, o espectáculo da primavera ten moito que ofrecer. As aves que viven aquí todo o ano están a criar, o cal tamén é unha fermosa visión. E os nosos ollos, pouco acostumados, chegaban a distinguir máis de sete especies diferentes nun pequeno tempo de observación desde algún dos numerosos refuxios instalados na lagoa. Pero a nova estación aquí é violentamente opulenta tamén entre os insectos e a variadísima vexetación. Os cabaliños do demo, fermosísimos con todas as súas cores, vivindo cada subespecie nun pequeno tramo de braña. Algúns viven a primavera moi en serio!
Á esquerda, parella de cabaliños do demo copulando.
Cospeito está coidado con moita delicadeza e orientado para o seu disfrute do público familiar. Se cadra non todas as lagoas deban ter tan doado acceso, pero poder camiñar por estes sendeiros perfectos, camuflados escrupulosamente con vexetación para non molestar aos paxaros, observar tranquilamente desde os observatorios -todos con cadanseu póster de identificación da marabilla que estás a ver na auga- é un exemplo de como construír un acceso humano á fermosura da natureza do país. Coma sempre, minoritario. Por alí camiñabamos, cruzándonos con vellos das proximidades, que aproveitaban un fermoso serán para pasearen ao carón da lagoa. O resto dos nosos compatriotas, o sábado pola tarde, sen dúbida estarían facendo cousas máis interesantes. Logo extráñanos o dos incendios, e todo iso.
Unha garza facendo a fotosíntese. ;-)
Localización da Lagoa de Cospeito en Capítulo 0 Mapas
nós tentamos dar con ela un día de excursión por Lugo e fomos e perdémonos…a ver se para outra que as imaxes e o que contas dan envexa.
bueno hay bastante inf. no esta
dl todo mal
chao
xdxdxd
tngo 11 años e necesitaba a informacion
para un traballo do colexio
ata outra
ben!!!!!!!!!
grazas a infrmacion xa rmatei o traballo
grazas
a lagoa e un sitiio que recomendo visitar.
teñan coidado de non afogar.
ten bucaneiros e anelos.
hola vou ao baño
baya burrada
xao
e mentira e fabuloso precioso
contestade
xao
hola que tal ? xao
eu necesitaba isto pars un traballo. esta moi bn sto e xnial
olaas!! k tal?
wenu pues menuda mierda de komentarios
aer si poneis ago ways k lo necesito para un trabajo komo opinion pesonal
enga xavales a romperse el koko un poko x mi!!!xD
ale xau