Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

A xente pequena da Pedra do Home

29 / April/ 2007 4 comentarios

pedra_home_2.jpg

pedra_home_11.jpg
A Pedra do Home, en Portomouro (Val do Dubra)

A Pedra do Home, no Portomouro (Val do Dubra) é un exemplo de que pouco sabemos dalgunhas épocas do noso pasado. No punto máis alto de Portodemouros de enriba, hai unha estraña pedra na que nas primeiras épocas da Idade Media, na era xermánica, labráronse tres sarcófagos que hoxe en día parecen de ananos, de xente pequena, como se se filtraran os libros de fantasía no noso territorio real. Desde alí óllase a aldea aos pés, e o val do río Dubra ao fondo. No centro da pedra hai unha cavidade ancha, aberta pola zona superior. É unha fractura xeolóxica, pero examinando a súa entrada, obsérvanse os ocos labrados dun portelo que debeu pechar o acceso. ¿Que clase de camposanto é este?

pedra_home_3.jpg
A pasaxe central da rocha

O perímetro arqueolóxico ficou remexido por séculos de acción labrega e rematado polas brigadas forestais. Nos anos 50, practicáronse innovadoras técnicas de exhumación arqueolóxica, segundo conta un veciño da zona. Un veciño de compostela chamado Xan do Romaño, solicitou permiso aos donos da pedra para buscar un tesouro que se dicía había no lugar. Pasou varios días durmindo no palleiro, excavando na rocha e ao redor. Ao final, decidiu empregar dinamita para tentar desvelar o segredo: non atopou nada, pero os restos da súa acción quedaron nas proximidades, nun enorme fragmento de pedra que durme entre a herba.

A Pedra do Home en Google Maps

4 comentarios »

  • Calidonia says:

    E esa pasaxe na rocha non será en dirección Oeste, cara ao solpor? Mmmm…

  • magago says:

    Pois non, porque a fractura da pedra é natural; máis ou menos é un norte a sur. Posteriormente lle deberon facer o portelo. As que están orientadas Leste-Oeste son as tres tumbas, figurando a cabeza do sartego cara o Oeste.

    Eu non entendo nada de xeoloxía, pero o tipo de pedra era moi especial.

  • É un sitio ben curioso e que merecería unha campaña de prospección en condicións. No muro exterior da igrexa veciña hai restos do que semella ser unha pequena fiestra de estilo prerrománico (eu me atrevería a dicir que asturiano) cegada e semioculta polo enlucido que, que eu saiba, non está nos catálogos de arquitectura prerrománica en Galicia.

    Así que temos o que podería ser unha pequena capela prerrománica, un camposanto con sepulcro antropomorfos… Non ten mala pinta, non.

  • magago says:

    pois sabes que estiven a punto de achegarme a botarlle unha ollada á igrexa… a mágoa é que dubido da sorte que puidera ter unha prospección alí: todo o terreo está ultrarremexido e transformado, e todo pinta que desde hai séculos.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.