
Servando Barreiro pinchando na barra do Modus.

Proxección da sesión
Servando Barreiro pinchou vídeo onte no pub Modus Vivendi de Santiago. Con sons electrónicos, con chill composto por el a golpe de guitarra en ratos perdidos, con pura experimentación, Barreiro creou, especialmente na primeira parte da sesión, unha longa viaxe sonora e visual. O tránsito. A viaxe. O non parar. Paisaxes que se prolongan segundo aceleras, ou segundo o tren acada a velocidade de viaxe. Mentres estaba deitado nos sofás do Modus, non puiden deixar de pensar en que medida Servando escribía a súa propia vida de trashumancia vital e electrónica. Non hai que buscarlle demasiadas explicacións ao discurso corrido que os VJs debuxan coas ferramentas: aquí o factor aleatorio é importante. Pero si aos fragmentos de vídeo que seleccionan e distorsionan previamente. Ou sexa. Que había palabras escritas a golpe de drum, de bucle, de noite urbana.
Servando é coma un carpinteiro dixital. Co seu iBook personalizado, o mando da Wii que lle permite xogar cos efectos e as imaxes e aplicarlles o movemento corporal, coa súa adaptación de Isadora, que chama Mestura, e que liberará en GPL dentro de pouco na versión Linux. Na súa consola instalou sensores de luz: agora pincha xesticulando no aire.

Pinchando vídeo con sensores de luz

M!
Saber que o meu traballo xerou unha reflexión e a mellor recompensa que se pode ter. Opinions coma a tua, danme forzas pra seguir innovando e experimentando no campo do visual.
Proximamente, curso de creacion dixital con ferramentas libres en JAén.
Finalmente, Mestura migrará a linux en forma de Delvj2, proxecto no que estou a colaborar.
http://delcorp.org/delvj/index.php/Portada
paz
S