
Exploradores Urbanos é unha guía alternativa de Santiago de Compostela destinada aos visitantes. Tenta dicir o que non din o resto das guías: informacións pequenas que falan da vida dunha cidade. Aquí non se describen monumentos: búscase describir persoas, lugares, observar Compostela desde unha perspectiva diferente empregando formatos variados: diapositivas con audio, infografía, vídeo adaptado para web, xeolocalización, etc. Actualizarase ata xuño de 2007. Hoxe foi o seu bautismo público. A ver que tal nos sae.








2 respostas
Unha idea orixinal e necesaria. boa sorte!
Gosto do desenho e, já que formo parte do público de testes, intentarei colaborar. Se os implicados me convidam a algum café, com maior prazer ainda :-p
Coméntanos algo