O Bosque de Buçaco: a memoria biolóxica das expedicións portuguesas

bussaco_1.jpg
Palace Hotel de Buçaco

O último monarca portugués quería facer unha corte de vacacións vinculada aos balnearios, como moitas das monarquías crepusculares de finais do XIX. Escolleu a encantadora viliña termal de Luso, e nas inmensas 150 hectáreas que pertenceran ao Mosteiro do Bosque Sacro (de aí, Buçaco)construíu o seu pazo, unha fantasía neomedieval no mellor estilo Luis II de Baviera. Hoxe, o seu pazo é un dos máis luxosos hoteis de Portugal e o bosque fundado polos monxes consérvase perfectamente. Pola porta de Coímbra que permitía entrar a este recinto, un gravado dunha bula papal advertía da prohibición de entrar ás mulleres. Buçaco é un resumo biolóxico da época das colonias portuguesas. Aquí, nas árbores que medran, resúmense os séculos de portos asiáticos, africanos, indios, americanos. A humidade mastígase. E o lugar parece pouco a pouco devorarte. Aquí Wellington gañou unha importante batalla contra os franceses, no que os portugueses chaman a Guerra Peninsular, e nós chamamos a Guerra da Independencia. Sen dúbida, un dos lugares máis marabillosos que coñezo en Portugal.

Galería de fotos de Sole:

2 Comments

  1. 16 / Abril/ 2007

    SE SALIA BUçACO… ANDA Q NO HABIA CAMINATA DENDE ABAIXO…E TODO POR AFORRAR A ENTRADA DO CARRO.
    XXDDD

  2. 16 / Abril/ 2007

    Si que é unha boa subida…de todos os xeitos, hoxe xa non cobran por entrar. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará