Mosaico que recrea o labirinto do Minotauro en Conímbriga

15 Abril, 2007

minotauro.jpg
Mosaico co labirinto do Minotauro (e el no centro) en Conímbriga.

Conímbriga é unha estupenda cidade romana que os nosos devanceiros suevos se ocuparon en destrozar a conciencia, como demostrou o achado dunha enorme cantidade de esqueletes. Precisamente, polo carácter súbito da súa desaparición, está extraordinariamente ben conservada. Destacan os mosaicos. Como sabes, encántanme aqueles pequenos detalles históricos que te aproximan á vida cotiá da xente que vivía nestes recintos arqueolóxicos. Aquí observamos a vixencia e a paixón dos vellos mitos gregos, convertidos nunha historia global neste mosaico dunha casa de Conimbriga. ¿Non te imaxinas aos nenos xogando con pedriñas para conseguir chegar onda o Touro de Minos?

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>