

Alfred Sirleaf fundou o xornal máis orixinal do mundo, o “Daily Talk”, no ano 2000, durante o réxime de Charles Taylor en Liberia. Hoxe en día, este “xornal de xiz” está en pleno éxito de masas nunha rúa de Monrovia, a capital do país. Calquera persoa que pase pola rúa pode consultar gratuitamente o xornal, actualizado ao momento polo seu director e único redactor, Alfred Sirleaf. O seu estilo provocativo de informar levouno a ter que exiliarse a Ghana, pero despois da caída de Taylor, Alfred volveu á cidade e reanudou o Daily Talk. Hoxe en día, é un dos xornais máis lidos de Monrovia e miles de persoas tómanse o tempo de pasar pola rúa para ler os titulares. A redacción está nun cuartiño detrás dos taboleiros, onde Sirleaf prepara a seguinte edición do Daily Talk. Fantástico. Reportaxe gráfica completa de Christopher Herwig.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Ola! “Xis” é o nome da letra “x”. Se te refieres ao material co que están feitas as barriñas para escribir nas pizarras, deberías falar do “xiz”.
Certo é. Obrigado polo aviso.
Deixa un comentario