
O poema Sky de Christina Manning versionado por Hillman Curtis
Co gallo dos cinco anos de Código Cero, a revista e web de novidades tecnolóxicas, escribín o artigo 10 sitios web que cambiaron a miña vida (PDF). Tras dez anos de travesía persoal, eu creo que xa é tempo de afirmar que as webs, coma os libros, os discos, ou as persoas, nun momento determinado chegan e cambian algo ou moito da túa vida. No meu ranking, a primeira web que recordo, a Biblioteca Nacional de Tailandia (ano 1997), que segue exactamente igual que cando a visitamos, a primeira web que fixen, a Gaceta de Galicia (1998) ou o poema “Sky” de Christina Manning, versionado na web por Hillman Curtis (1999), que me convenceu de que se podía romper a barreira tecnolóxica e facer arte na web.
E ti, ¿que webs cambiaron a túa vida?

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }
É paradoxico que a túa lista de sitios web sexa un PDF e non unha páxina Web en si mesma.
mmm…é que é Código Cero é unha revista en papel…o PDF é un facsímile dixital dese artigo…
claro! os sites que vão mundando as nossas vidas… bela ideia na qual nunca tinha pensado. Vou ler o teu artigo. 1 abraço
Deixa un comentario