Desfeita no castro de Punta Ostreira, na Pobra do Caramiñal

parapeto_punta_ostreira.jpg

Esta é a desfeita que fixo un particular no parapeto do Castro de Punta Ostreira, na Pobra do Caramiñal (A Coruña). O muro da esquerda era o muro que pechaba a finca do mosteiro de Santo Antonio do Xobre. O edificio en ruínas que vedes na zona superior é unha antiga capela vinculada ao mosteiro, construída sobre o antigo parapeto -posiblemente para funcionar como referencia para os barcos que entraban na abra do Caramiñal e para os pescadores. A fenda que vedes no medio foi o paso que o propietario da finca abriu, destrozando esta muralla de dous mil anos de antigüidade, hai poucos anos (menos de cinco, creo) para poder acceder á croa do castro. Este poboado dos nosos devanceiros, como vos podedes imaxinar, está destrozado.

Pois nada, home, aquí seguimos.

9 Comments

  1. 2 / Abril/ 2007

    pero ise home non se decata da desfeita que fixo, magoa que inda a xente pense asi…intereses por riba da cultura…magoa :(

  2. 2 / Abril/ 2007

    ¿Pero aínda quedaba algo?

    Como ben dixo Shin-Chan, ese gran pensador: “É o que hai”.

  3. eula
    2 / Abril/ 2007

    E asi nos vai…
    ¿onde estan os gardians da cultura? ¿Enterrados na cidade da idem?
    Seguro que dentro de dous mil anos, un insensible faga o mesmo co mausoleo do monte Gaias

  4. 3 / Abril/ 2007

    O terrible é que houbo sentencias, pero todo seguiu así…a última que lembro, polo menos de hai tres anos, foi do TSXG, que obrigaba ao propietario a restituir o mal feito…

    O peor non son as autoridades. O peor é que á xente lle dá igual. As desfeitas que se fixeron neste xacemento ao longo dunha década, e o pasotismo dos veciños, eu creo que ten poucos sitios de comparación no resto de Galicia. E mira que hai onde comparar e que eu son desa vila…

  5. reflexf4
    3 / Abril/ 2007

    Temos o que nos merecemos???????????

  6. manuel certal
    11 / Xuño/ 2007

    para protexer, primeiro hai que coñecer.

  7. irmandinho
    7 / Xullo/ 2007

    Olá tenho interesse em contactar contigo. Sou membro da Embaixada Galega da Cultura em Madrid e estamos a desenvolver um projecto para denunciar, da maneira mais eficaz, estas desfeitas contra o nosso patrimonio, com o objeto de que haja uma resposta ajeitada do ponto de vista legal e de cara a povoação. Nós também temos registrado abusos mesmo perto da Povoa do Brolhom.
    Obrigado.
    T.

  8. 7 / Xullo/ 2007

    irmandinho, cando queiras. O meu correo é magago@gmail.com e o meu skype é magago. Estou moi interesado en coñecer ese proxecto.

  9. artabris
    26 / Setembro/ 2010

    como di Manuel Certal, non se pode protexer nin respectar, nin valorar o que non se coñece, e por desgraza o noso Patrimonio Arqueolóxico, Natural, Etnográfico… está tan denostado que non sei eu como aínda hai tanto en pe! mirade á lingua como lle vai á pobriña…

    “pa mexar e non botar gota”!

    E esa sentencia de restitución… cómo se vai restituír!? poderase amañar e simular, pero restituír?? vai ser que non, pero ao menos algo é algo, haberá que se conformar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará