


300 é unha das grandes películas da tempada, sen dúbida. Unha película que é capaz de recoñecerse e animar o álbum orixinal de Frank Miller, que permite que o cine volva transportarte á imaxinación, perfectamente construída e fermosa, moi fermosa. Fíxome moita graza a frase de Luis, cando mo atopei á saída do cine:
-É unha destas fascistadas marabillosas.
Dito á brava, a fraseciña resume a historia de Leónidas e os seus trescentos espartanos que defenden na película a liberdade que se negan e negan a outros. A estética é un exemplo de como a tecnoloxía pode constribuír a crear narracións fascinantes, coidadas e cheas de vibración. De como a versión cinematográfica pode profundizar e enriquecer a obra orixinal. E de como atraparnos sen pudor entre a historia e a mitoloxía. Sabémoslle o discurso subxacente, a meta-ideoloxía, o contexto difícil das relacións entre occidente e oriente. E, sen embargo, consegue atraernos coma os valleinclanescos espellos do Calexón do Gato, pero sen saber se nos adelgazan ou engordan. Vibrante.








2 respostas
Esta e a pelicula que levo esperando case 9 meses pra ver. Dende que me chegaron as primeiras imaxes, vela é algo que esta suliñado en vermello.
Espero non me defraude ( visualmente, que a historia creo xa coñecela )
Por certo que 300 eran os hoplitas espartanos que loitaron na batalla, pero non foron os unicos helenicos que loitaron nela..
Un sadiño dende o outro lado da Ría, dende a Tv do Salnés.
Percurando unha crónica dun Palacio portugués cheguei a este post (cousas da navegación). Só dicir que comparto plenamente o teu punto de vista de que con esta película o cinema recupera a capacidade de ilusionar e, ó tempo, facer cousas estéticamente loables.
Coméntanos algo