O Restaurante O Dezaseis, de Santiago, reseñado no New York Times

12 Marzo, 2007

dezaseis.jpg
O restaurante compostelano O’Dezaseis no New York Times

Anda que non acabo de levar unha sorpresa ao atoparme o restaurante O’Dezaseis, que rexenta Suso na rúa de San Pedro de Santiago de Compostela, amplamente reseñado na edición do domingo do New York Times. A crítica louva a relación calidade-prezo do Dezaseis, pero fíxome especialmente graza o inicio da crónica:

“Santiago de Compostela leva sendo unha cidade turística desde hai un milenio; e abofé que o parece, coa súa tremenda catedral central, enormes prazas céntricas e un antigo hotel, agora un parador. Así que atopar o restaurante axeitado pode ser tan desafiante como buscalo en Disneylandia”.

Tamén resultoume especialmente divertido como se refire Mark Bittman aos nosos grelos: unha “Galician obsession“. Moitos parabéns!

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>