Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Libros

El Gabinete de las Maravillas, de Alfonso Mateo-Sagasta: unha novela negra sobre freaks

9 / March/ 2007 Sen comentarios

teniers_3.jpg
A visita do Arquiduque Leopoldo Guillermo ao seu gabinete de pinturas. David Teniers, o mozo.

Sempre me intrigaron estes ‘cadros de cadros’ que debuxou David Teniers sobre as propiedades do Arquiduque Leopoldo dos Países Baixos. O que me chamaba especialmente a atención era a paixón dese coleccionismo da época barroca por amorear, por concentrar algo que non eran propiedades nin castelos. A arte convertiuse nun obxecto de consumo privado e mesmo íntimo, ou como alarde social. Do coleccionismo barroco atraíanme, especialmente, os gabinetes secretos: o arquiduque, ao igual que boa parte dos monarcas e aristócratas do momento, tiñan unha cámara máis pequena onde se concentraban os cadros máis eróticos, as Venus, as Danae e os Raptos de Sabinas. Nese afán da compilación, os potentados máis frikis concentraban nos seus gabinetes toda sorte de obxectos. A apertura das rutas do Novo Mundo permitiu que os coleccionistas se encheran de taxidermias, de disecados, de obxectos que avanzarían a posterior evolución da Historia Natural.

El Gabinete de las Maravillas é o segundo libro que o arqueólogo Alfonso Mateo-Sagasta lle dedica á súa saga de novela negra na que o detective é un buscavidas, gacetilleiro prexornalista e aspirante a fidalgo no Madrid do século XVII, Isidoro Montemayor. Da primeira, Ladrones de Tinta, xa temos falado por aquí. Nesta segunda, Isidoro Montemayor vive máis estabilizado, convertido en secretario-amante da Condesa de Cameros. O tío da Condesa, o Marqués de Hornacho, é o dono do Gabinete das Maravillas, unha sucesión de cámaras nas que o aristócrata acumula saber e obxectos extraños, na busca do coñecemento e na ansia de representar o universo, na tónica de febril coleccionismo que invadiu a algúns aristócratas deste século tan incómodo. O asasinato do arquiveiro do Marqués provoca que Isidoro Montemayor acabe por substituír ao Arquiveiro e se introduza, de cheo, na trama do seu asasinato. Estamos ante unha novela negra ambientada na Corte de Madrid do século XVII, nunha novela que non traslada reflexións morais, e na que o autor non se ve impelido a explicar España, salvando esa patoloxía que invade aos escritores cando abordan o Século de Ouro. Nesta novela negra hai acción, amoralidade, a facilidade das novelas negras por entrar en todos os estratos sociais. Pero hai algo diferente, tamén: esta historia vai de monstros, de freaks que buscan o seu propio destino de liberdade. Cando lin a primeira páxina, souben que El Gabinete de las Maravillas íame enganchar ata o final. Unhas poucas horas despois estaba finito.

Estamos ante unha novela excelentemente contada e sumamente aditiva.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.