Non coñecía aínda ningún exemplo no Estado de empresa xornalística que aproveitara un produto ben curioso de Google Corporation: o Google Mini. Trátase dunha solución de busca corporativa na que Google non te vende un servizo, senón hardware -un pequeno ordenador para instalar en RAID-, cunha versión de software que permite unha indexación tipo Google dun servidor corporativo a un prezo realmente bo: 1.995$ por 30.000 documentos.
O Adelantado de Segovia mercou unha solución de Google Mini para a indexación do enorme arquivo do diario en PDF. A implementación aínda está en fase de probas, xa que o seu Google Mini non parece entender demasiado ben a apretada tipografía da prensa antiga e o tema dos caracteres, aínda que polo de momento están en probas.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario