Estraño ritual no Santuario de Nosa Señora das Dores de Lalín

dores_2.jpg
Santuario da Nosa Señora das Dores (Lalín). Fotos: Sole

Cando nos atopamos, nunha estrada perdida preto do Corpiño, co Santuario da Nosa Señora das Dores, fun directamente á cara norte do edificio, a que está un pouco máis oculta, guiado por confusos recordos de ter pasado por alí hai bastantes anos. Lembraba a impresión que me causara entón, e comprobei que ma seguía causando. Seguían alí. Furando a cal, ou empregando tella para debuxalas, aparecían centos de cruces sobre o cemento. Non parece unha práctica que se faga ao longo de todo o ano: non hai restos de pedriñas puntiagudas a xeito de punzón ou tella ao redor da capela. Seguramente é parte do día da celebración. E pouco máis. Non hai información en Internet e non tiven tempo de consultar bibliografía. No sur nace un manantial e a fonte conta cun baixorrelevo rural moi chamativo. As rañaduras percorren a cara norte, a leste e algo da sur. Impresiona, ¿a que si?

dores_1.jpg

dores_3.jpg

O santuario de Nosa Señora das Dores en QuikMaps

3 Comments

  1. eula
    27 / Febreiro/ 2007

    A verdade e que me sorprende o seu coñecemento da miña terra moito mais aló do que as guías suxiren. Esa capela chamada de Montouto, e famosa pola súa fonte milagreira.
    O que descoñecía e esa característica que sinala, e que preguntarei aos lugareños pola sua orixe.

  2. 27 / Febreiro/ 2007

    eula, seguramente ten pasado polo lugar, pero como se ve na foto da fachada, ao pasar pola estrada do carón non se aprecian todos os “petroglifos” das caras Norte e Leste. Hai que dar a volta enteira á igrexa para vela.

    Unha cousa: a fonte que tipo de “miragres fai? Está especializada nalgunha extremidade corporal ou así, en “males da cabeza” ou é un “curatodo”?

  3. eula
    28 / Febreiro/ 2007

    Parece ser que os lugareños debuxan esas cruces durante os via crucis de Semana Santa. Unha costume pouco usual, ou polo menos descoñecida para min.
    A fonte é usada para as dores en xeral, fisicas sobre todo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará