Técnicas infalíbeis para localizar castros
Dóeme ben poñerme ácedo en exceso cando falo de temas de patrimonio. Sempre lle teño que sacar a puntiña ao estado de conservación do xacemento. Pero é que é superior a min. Vouche contar o que nos pasou hoxe. Un par de sucedidos sintomáticos dunha situación. A de que as obras públicas deste país se fixeron, e en boa medida se seguen a facer, de cóstas ao noso propio patrimonio, destruíndo o noso pasado, dando idea do misérrimo calibre intelectual dos nosos políticos e a indolencia da poboación que permite que esborrallen a súa memoria.
Fumos buscar o castro de Vilalbarro, en Oroso. Tentabamos localizar a aldea e atopar a algún paisano que nos indicara por onde ficaba o xacemento. A miña moza sinalou para a AP-9, que atravesaba a masa forestal:
-Seguro que está ao carón da autoestrada, case cortado por ela.
-Non, non creo. Sigamos mirando -tentei convencerme para dentro.
Pura ilusión. Efectivamente, estaba ao carón da autoestrada. O talude da AP-9 estaba a 15 metros do castro de Vilalbarro. A estrada non rebanou o castro de miragre. Un enorme e notábel foxo, aplanado nalgún sitio polas máquinas da repoboación, e un elevado parapeto de terra. A croa contén unha gran repoboación de eucaliptos.

Foxo e parapeto do castro de Vilalbarro. A autoestrada está nos piñeiros do fondo.
O Castro de Vilalbarro en Google Maps
Seguimos na busca do Castro de Recouso. O lugar intrigábame moito, porque lera que alí se atopara o Tesouro de Recouso, un pequeno enxoval de xoíñas castrexas: cadeas, sete medias lúas, colgantes…, aparentemente moi antigas, do século VI-V a.C, co cal estariamos a falar do primeiro castrexo (non estou seguro do dato). Dimos voltas polo lugar, un val de suavísimos cómaros e bosques. Ao pasarmos por un cruce no inicio dunha chaira, Sole dixo:
-Aí dentro, ao carón da estrada, parece que hai unhas foxas…
-Non sei…debería estar…un pouco contra o monte…-porfiei coma un parvo, aínda que dentro sabía que iso podía ser perfectamente así. Que lle puideron chantar unha estrada moderna ao carón dunhas ruínas.
Non atopamos ningún outeiro que nos chamara a atención. Ao entrarmos nas primeiras casas do lugar comezamos a falar cun vello.
-Era un lugar ben bonito -díxonos-, o Couto. Ata había unha cova na que vivían os mouros. E alí atoparon ese tesouro, cheo de ouro. Os caseiros leváronllo ao amo, a Santiago. Non lles deron nin un peso. E despois viñeron moitos de Santiago e encheron papeis con este lugar.
Os feitos, o achado, ocorreron en 1921, pero aquel home lembrábaos coma se fose hoxe, posiblemente contados polo mesmo caseiro na aldea. O amo.
-Pero cando se fixo a concentración parcelaria non quedou nada. Dígoche onde está. Pero pouco vas ver. As estradas tiraron cos muros. E os veciños pasaron a excavadora para aplanar o terreo. Alí, nese piñeiro. Unha vergonza. Porque cando se fixo a parcelaria estas cousas xa se coidaban, xa se miraba por elas.
Efectivamente. Foi naquel cruce onde viramos unhas fochancas sospeitosas ao carón da estrada. Fumos, e alí atopamos isto. Con restos de colchón, aparatos electrónicos, e merda.

Parapeto e foxo do Coto do Recouso

Superficie do Coto do Recouso. Os restos actuais están só ao carón do cruce.












O estado de conservación do noso patrimonio castrexo? De Pena. Non gañaremos para desgustos. Por certo, unha boa nova, hai unha xente que esta a realizar un listado dos castros da nosa Terra, xa levan 1.295 castros. O ligazón é: http://caminodepiedra.blogspot.com/2006/10/lista-de-castros-de-galicia.html
Si, xa o vin. Paréceme un gran currelazo. Fíxate nunha cousa: ese listado debería ser público. A administración o ten. Pero, ao final, son os usuarios os que teñen que dar o paso adiante. Coma sempre.
Eu non sabía da páxina na que recopilan os castros da nosa Terra (agradecida de tela ahora!).
Estou totalmente de acordo con vos, e unha verdadeira pena como se está a pasar de toda a nosa cultura e incluso o que é peor estase a olvidar e a non cuidar ainda ahora nestes tempos!
Estou a facer un blog de onde procedo porque a maioría da xente e incluida eu, non tiña nin idea da historia que tivo o noso municipio sobre todo na época celta, e moitas cousas perderonse por non transmitirlas, literalmente perderonse castros e dolmes. Hai que intentar difundir ahora que ainda estamos a tempo de salvar o pouco que queda, protestar nos concellos formalmente entre varios ou por separado, hai q intentalo, ¿non? anímovos!
O peor é que un xa non se estraña de nada. Fai un par de semáns, vin unha foto nun xornal dunha máquina excavadora arramplado cun petroglifo na zona do Morrazo. E penso que xe che comentei que, enriba do castro que hai no meu pobo, plantaron unha capela a San Cibrán, fai non moitos anos, coa excusa dunha cabeza de pedra que, segundo me comentaron despois, é dun guerreiro castrexo…
Así nos vai…
Esquecíame… Non ten moito que ver cos castros, pero na zona da Ponte do Burgo, en Pontevedra, hai unha exposición efímera, na que se poden ver restos de construccións dende o século XV, por se vos cadra a pasar por alí.
Amiel, que casualidade! Xusto o outro día estiven mirando o teu blog buscando información sobre o Castro de Bardaos do que falas alí:
http://tordoia.wordpress.com/tag/4-ocio-y-cultura/41-patrimonio-natural-y-arquitec/
¿Non me poderías sinalar en Google Maps onde está?
Si, Moraiminha, ten unha pinta moi interesante. ¿Non está alí o miliario que se ten case como as orixes de Pontevedra? Esa tamén foi outra. Un amigo cubrira a noticia do seu descubrimento e posterior “extracción”. E digo “extracción” porque parece que o xeito no que o quitaron o miliario -que é un bloque enorme- do lugar do descubrimento foi bastante similar, graficamente, ao proceso de quitarse unha moa, só que cunha excavadora…
Vou voltar por alí e en canto o situe ben no mapa siñalocho, ¿vale? pero o que si sei e que hay restos de ese castro incluso no castillo de San Antón, esta semana espero colgar as fotos. (ainda tardarei unha semaniña polo menos, porque teño moito choio ultimamente).
Se queres saber aproximadamente onde está podes baixarte o pr-g88 ou 89 dos sendeiros que cho indica (está cerca da Tablilla). Pero os restos son poucos xa che aviso, porque o destrozaron .
saudiños e a ver se a próxima aportoche mais información!
Que lince. Si buscases un poco mas en Oroso o en cualquiera de los concellos de alrededor, hay tantos castros que apenas puedes tener tiempo para verlos todos. Y todos están ahí, donde siempre estuvieron, abandonados, parcialmente destruídos, llenos de maleza y/o de basura (recouso, vilalbarro, vilarromariz, senra, cardama, carollo, bouzalonga, vilacide, oroso de abaixo, trasmonte, etc. etc…)
Sinto haber tardado tanto en dar noticias.
Aqui facilichote máis datos gráficos sobre o castro de Bardaos en Tordoia:
http://www.flickr.com/photos/tordoiablog/
sinto a tardanza. Para situalo mira no me blog como se accede o PR-G 88 e está a pouca distancia do comezo da ruta (cerca do núcleo da Tablilla situado na carretera Carballo-Ordes da Coruña)
un saudiño