En Sergude non hai vencedores nin vencidos

19 Febreiro, 2007

sergude_1.jpg
Un xeneral vístese coa coroa antes da batalla. Foto: Sole

Así soaba o final dunha das batallas entre os Xenerais de Sergude (Boqueixón). A comarca do Ulla conta cunha das tradicións máis vistosas do Entroido galego: os Xenerais. Mozos e mozas a cabalo, ataviados de militares, que parodian as batallas do Exército en forma de versos, discutindo os pequenos conflitos locais e lanzando vítores en castelán a quen lle pague. Cada quen que lle dea a lectura que queira. Eu rinme moitísimo. Nunca tivera oportunidade de ver a estes Xenerais na plena batalla de versos. O teatro é sempre entre dous, coa mesma entonación, o mesmo inicio, o mesmo desenvolvemento. Tralas bravadas, os insultos, as ironías e os enxeños, os Xenerais deben quedar como amigos e celebrar con viño a súa amizade nas tabernas de Sergude, desexando saúde a todos os presentes. Pero o xénero cambia continuamente. Quero deixarche dous exemplos desta fantástica literatura popular que, polo que puiden ver, segue máis viva ca nunca:

Unha nai e unha filla:


Alexandre e o fillo de Xabier:

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 magago 19 Febreiro 2007 at 12:33 am

Unha mágoa que non se escoiten demasiado ben, pero a megafonía machaba as posibilidades do cutremicro do teléfono.

2 Anonymous 20 Marzo 2007 at 8:31 pm

non se berra tanto no saludo

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>